Escoitar

‘Para os traballadores sempre hai crise’,poxección de vídeo durante a derradeira fin de semana de apertura da exposición de Santiago Sierra no MARCO

Esta é a derradeira semana na que permanecerá aberta ao público a exposición de Santiago Sierra, que se clausura este domingo 27 de setembro na planta baixa. Con este motivo, o sábado e domingo proxectarase no salón de actos o vídeo consistente nunha charla de José Luis Velasco, dirixente da CNT, baixo o título ‘Para os traballadores sempre hai crise’, que forma parte do proxecto de Santiago Sierra para o MARCO.

xoves, 24 set 2009
1253796390salonvideo.jpg
Dende o 1 de maio, data de inauguración da exposición de Santiago Sierra, os espazos da planta baixa víronse transformados coa ‘Instalación de 54 tetrápodos de cemento para dique’. Nunha segunda fase titulada ‘Epílogo sobre a sensibilidade policial’, o museo cedía o salón de actos á Policía Nacional para anunciar e mostrar os alixos incautados na cidade.

Completando outra fase do proxecto, no mes de maio presentouse no salón de actos do MARCO o ‘Epílogo sobre a sensibilidade obreira’, consistente na proxección do vídeo da charla de José Luis Velasco. A presentación do vídeo coincidiu coa xornada inaugural da exposición, o Primeiro de Maio, Día Internacional dos Traballadores.

Durante este sábado e domingo, coincidindo coa derradeira fin de semana da exposición, o vídeo ofrécese de novo ao público no salón de actos, en continuidade, e no mesmo horario de apertura que as salas da planta baixa (Sábado 26 de 11.00 a 21.00 Domingo 27 de 11.00 a 15.00)
Descargar todas as imaxes