Abel Caballero asegura que as expropiacións para a Cidade da Xustiza costarán preto de 6 millóns de euros
O alcalde reiterou que o Concello fará fronte ao custo das expropiacións se a Xunta de Galicia non o asume, e que o fará "no prazo máis breve posible" para poñer a disposición do goberno autonómico os terreos necesarios. O rexedor local e os coordinadores de xustiza de Comisións Obreiras de Galicia pasaron revisión este xoves ás dotacións xudiciais viguesas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, estimou o custo das expropiacións dos terreos para a construcción da Cidade da Xustiza entre os cinco e os seis millóns de euros, e garantiu que se a Xunta de Galicia non o asume así o fará o Concello.
O alcalde e os responsables de xustiza de CC.OO. en Galicia pasaron este xoves revisión ao estado das dotacións xudiciais en Vigo e das súas necesidades, reunión na que Abel Caballero transmitiulles que Urbanismo ten iniciado os trámites para que as expropiacións dos terreos finalicen "no prazo máis breve posible". Deste xeito, o rexedor agarda poder remitir documentación ao conselleiro a vindeira semana.
Abel Caballero avanzou asemade que este mesmo xoves comezou a concretar co Xuiz Decano, Jaime Bardají, as pautas para a celebración do novo Consello Asesor de Xustiza posto en marcha polo Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes