Escoitar

Abel Caballero asegura que a apertura da nova praza en Pintor Colmeiro converte á zona nun "gran punto de encontro"

O alcalde e varios integrantes do goberno e da Corporación municipal participaron este venres na apertura das rúas Sevilla, Zaragoza, Tarragona e Pintor Colmeiro, onde estase a rematar un aparcamento soterrado. A urbanización deste "gran punto de encontro" na zona superou o medio millón de euros de investimento e suporá unha mellora tamén para o tráfico rodado do entorno de POVISA.

venres, 25 set 2009
1253884040pintorcolmeiro.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, encabezou a delegación municipal na apertura das rúas Sevilla, Zaragoza, Tarragona e Pintor Colmeiro, onde queda establecida unha nova gran praza chamada a converter ao entorno de POVISA nun "gran punto de encontro".

A Xunta de Goberno deste mesmo venres aprobou a apertura ao tráfico destas rúas, o que permitiu o inmediato paso para os vehículos; "o abrimos no mesmo momento no que tivemos os permisos", salientou o alcalde.

O investimento na urbanización en superficie da praza e das rúas, executada polas empresas que están a ultimar o aparcadoiro soterrado de Pintor Colmeiro, sobrepasou o medio millón de euros. Abel Caballero felicitou aos arquitectos e á compañía polo resultado da obra, que "supera todo o que un podía prever".

Unha vez abertas a praza e as rúas, a actuación completarase coa posta en marcha do aparcamento soterrado de Pintor Colmeiro que está rematado a falta de arranxar os últimos permisos. O alcalde estimou que na primeira quincena de outubro poderá inaugurarse a infraestrutura, porque "nesta cidade xa non se abre nada sen licencia".
Descargar todas as imaxes