O Pleno autoriza a ampliación do parque en Ernesto Lecuona e a construcción dun novo parque infantil
A Corporación Municipal validou este luns por unanimidade o cambio de uso da parcela na rúa Ramón Nieto, que pasa de educativa a zona verde que o goberno local destinará á ampliación do devandito parque. Segundo explicou o concelleiro de Urbanismo, José Mariño, gáñanse novos espazos verdes para a cidadanía nunha parcela non necesaria actualmente para usos educacionais, segundo indican os informes técnicos. <br /> <br />
O Pleno da Corporación Municipal aprobou este luns por unanimidade a ampliación da zona verde próxima a Ernesto Lecuona, na que ademáis construirase un novo parque infantil para a veciñanza.
A Corporación validou o cambio de uso da parcela da rúa Ramón Nieto, que pasa de ser educacional a zona verde; unha modificación contemplada e regulada no Plan Xeral que non precisa de alteración do mesmo, segundo explicou o concelleiro de Urbanismo, José Mariño. O edil tamén indicou que os informes técnicos do seu departamento confirman que actualmente non son necesarios os terreos para usos educacionais.
O Partido Popular apoiou o cambio de uso da parcela previa solicitude dun compromiso do executivo local para garantir "as necesidades educativas presentes e futuras", asegurou Antonio Martiño, xa que 1.400 solicitudes de praza para nenos de entre 0 e 3 anos quedaron sen espazo nas escolas infantís públicas.
Outros acordos
O Pleno tamén tomou coñecemento da resolución que outorga dedicación exclusiva ao concelleiro de Seguridade, Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, e da proposta da Xunta de Voceiros para as festividades locais de 2010, que serán o luns 29 de marzo -por coincidir a Reconquista en domingo- e o 16 de agosto, festividade de San Roque.
Mocións aprobadas
O Goberno Municipal acordou instar á Xunta a por en marcha de forma inmediata o Plan de Modernización dos colexios públicos de infantil e primaria de Vigo, así como ampliar urxentemente oito comedores. Este acordo desprendese dunha moción presentada polo grupo municipal socialista e tras coñecer os resultados dun estudo sobre a situación dos centros educativos públicos da cidade e comedores encargado pola Concellería de Educación. Neste estudo estímase en 20 millóns de euros o investimento necesario para a posta ó día das instalacións escolares, que son de competencia autonómica.
O Pleno tamén aproba unha moción presentada polo BNG na que se insta á Xunta e á Sociedade Galega de Medio Ambiente -SOGAMA- ao mantemento da recepción de residuos voluminosos procedentes dos municipios adheridos, nas condicións que o viña facendo até agora, para o seu posterior tratamento por un xestor autorizado e conforme á normativa vixente. No seu defecto, dí a moción, instar á Xunta a que aporte unha solución alternativa e viabel, que non supoña un incremento do recibo do lixo dos concellos afectados.
Aprobouse cunha enmenda unha moción do grupo municipal do PP instando a tramitación necesaria para a construción da nova EDAR. O texto que finalmente se aprobou insta ao Ministerio de Medio Ambiente, á Xunta e ao Concello a que "de xeito urxente acaden un acordo de financiamento que permita licitar a nova EDAR de Vigo" e que na Xerencia de Urbanismo do vindeiro xoves se dea conta do estado no que se atopa o expediente administrativo para poñer a disposición os terreos nos que se construirá a nova depuradora.
Aproba tamán o plano unha moción do PP na que se "instar ao Goberno Municipal a que os técnicos do Departamento de Tráfico estuden a posibilidade de instalar no cruce da Rúa Taboada Leal coa Rúa Venezuela semáforos que regulen a incorporación de vehículos dende a mencionada rúa Taboada Leal cara á Rúa Venezuela".