Escoitar

O alcalde fixo entrega de sendas medallas dentro dos actos de celebración do Día da Policía

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entre outras autoridades, impuxeron este venres os galardóns aos axentes por mor dos actos de celebración do Día da Policía. O Subdelegado do Goberno e o Comisario Xefe en Vigo-Pontevedra presentaron co rexedor vigués o evento no que tamén participaron o alcalde de Redondela, o Presidente e o Fiscal Xefe da Audiencia Provincial de Pontevedra. <br />

venres, 2 out 2009
Previamente ao acto de imposición das medallas, celebrado no Centro Social Caixanova, oficiouse unha misa na Iglesia da Nosa Señora do Carme en honra dos Santos Anxos Custodios e un acto "in memoriam".

O alcalde de Vigo, durante a súa intervención, agradeceu aos axentes e ao corpo da Policía o seu labor e destacou que en moitas ocasións excede as súas obrigas en beneficio da cidadanía.