Escoitar
Industria e Comercio

Convocatoria específica de subvención para dinamizar o consumo no pequeno e mediano comercio de Vigo a través de axuda ás familias con necesidades económicas

<br />

venres, 2 out 2009
PRIMEIRA.- Obxecto e finalidade

É obxecto das presentes bases e convocatoria dinamizar o consumo no pequeno e mediano comercio de Vigo a través de subvencións a familias con necesidades básicas en relación á alimentación, vestiario, calzado, óptica, librería e deportes, con enderezo en Vigo, para o ano 2009-2010.

As axudas van dirixidas a incentivar ao pequeno e mediano comercio de Vigo, a través daquelas familias con necesidades económicas pola crise.


SEGUNDA.- Gastos subvencionables

Os programas subvencionables serán:

1.Axudas para a adquisición de alimentos a través dos establecementos comerciais que reúnan os requisitos das presentes bases.
2.Gastos persoais: vestiario, calzado, óptica, librería, deportes e gastos de primeira necesidade a través dos establecementos comerciais que reúnan os requisitos das presentes bases.
Considéranse subvencionables os gastos realizados con posterioridade á publicación destas bases no BOP e pagados con anterioridade á súa presentación como xustificantes da presente subvención.
Estas axudas outorgaranse de acordo aos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.
O fin último das subvencións é o de incentivar o consumo no pequeno e mediano comercio de Vigo a través das persoas ou familias que, por escaseo de recursos económicos, non poden afrontar o custo destes servizos.


TERCEIRA.- Contía total, individual e crédito orzamentario

A contía da presente convocatoria ascende a un total de 1.200.000 €, os cales serán financiados cos seguintes criterios:

ANO 2009: partida orzamentaria 6220.4890000 "subvencións o consumo no pequeno comercio" → 600.000 euros

ANO 2010: partida orzamentaria 6220.4890000 "subvencións o consumo no pequeno comercio" → 600.000 euros

Criterios de aplicación dos créditos desta convocatoria:

ANO 2009: 600 euros a 1.000 familias no ano 2009.
ANO 2010: 600 euros a 1.000 familias no ano 2010.


CUARTA.- Prazo de presentación das solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria realizarase en dúas fases:
1ª fase da convocatoria: para os beneficiarios de 600 euros no ano 2009. Vinte (20) días naturais dende a publicación destas bases no BOP.
2ª fase da convocatoria: para os beneficiarios de 600 euros no ano 2010. Do 11 ó 30 de xaneiro, ambos inclusive.

Os solicitantes das axudas consideradas nas presente bases presentarán as súas solicitudes a través do Rexistro Xeral Municipal ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común na súa redacción dada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro.

QUINTA.- Bases
Aprobadas en Xunta de Goberno Local de data 21 de setembro as "Bases reguladoras e convocatoria específica para dinamizar o consumo no pequeno e mediano comercio de Vigo a través de axudas ás familias con necesidades económicas, dentro do marco da Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; a Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e o Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento, nos seus preceptos básicos; a lexislación básica do estado en materia de réxime local; os preceptos non básicos da Lei 38/2003 e do Real Decreto 887/2006; as Bases de Execución do Orzamento do Concello de Vigo para o ano 2009, as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado.