Escoitar
Promoción Económica e Emprego

Convocatoria "programa de axudas municipais á contratación"

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 31/08/2009, a proposta da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2009 do "Programa de axudas municipais á contratación", no marco das actuacións do Plan municipal de emprego 2008-2011 e as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de datas 24 e 30 de setembro de 2009.<br /> <br />

venres, 2 out 2009
OBXECTO:
Poderán acollerse a estas axudas empresas e entidades distintas da administración pública, que contraten "Persoas desempregadas que participen ou tivesen participado nalgunha das accións ou programas do Servizo de Promoción Económica e Emprego, e/ou pertenzan ao colectivo de mulleres, persoas con discapacidade ou que o posto de traballo estea emprazado na zona de delimitación da área P.E.P.R.I. do Casco Vello de Vigo. As subvencións establecidas nesta convocatoria poderán afectar ás contratacións que, reunindo os requisitos establecidos nas bases reguladoras, se formalizasen no período comprendido entre o 16 de setembro de 2008 e 15 de setembro de 2009.

PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 19 de outubro de 2009.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, dirixidas á Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, ao "Programa de axudas municipais á contratación"

INFORMACIÓN:
Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá. Praza do Rei s/n (4ª planta).
Tfno.: 986 81 02 32; Correo electrónico: ofi.emprego@vigo.org
Tanto as bases reguladoras das axudas como os anexos que ten que presentar a persoa solicitante, estarán á súa disposición nas dependencias de Información do Concello de Vigo, no Servizo de Promoción Económica e Emprego e na súa páxina web: www.vigo.org