O Eixo Atlántico e a FEGAMP asinan un convenio para reforzar o municipalismo e o desenvolvemento local na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal
O Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Carlos Antonio Fernández Castro, e o Presidente do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, Luís Filipe Menezes asinarán, o vindeiro 14 de novembro, en Vigo un convenio de colaboración que permitirá reforzar o municipalismo e promover o desenvolvemento local no conxunto da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.
Este convenio permitirá que a FEGAMP e o Eixo Atlántico artellen unha nova fórmula de cooperación que permita desenvolver un conxunto de actuacións para a modernización administración local que xere un efecto multiplicador no desenvolvemento da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.
As dúas entidades comprometeranse, coa sinatura deste convenio, a acometer neste ano, entre outros asuntos, o inicio dos traballos de implantación da Axenda Local I 2010. Esta estratexia está promovida pola Comisión Europea e ten por obxectivo promover o acceso das cidades á sociedade da información, así como o uso adecuado e solidario das tecnoloxías de información, reducindo a brecha dixital e promovendo o proceso de modernización da administración e a adecuación das súas estruturas as demandas e desafíos do s. XXI.
Comisión Executiva do Eixo Atlántico
A sinatura do convenio terá lugar no contexto da reunión da Comisión Executiva do Eixo Atlántico en Vigo. Durante a reunión, os alcaldes galegos e portugueses revisarán o estado do proxecto da liña de Alta Velocidade entre Galicia e o Norte de Portugal .
A Comisión Executiva do Eixo Atlántico xa lle remitiu en varias ocasións á Secretaria de Estado de Transportes do Goberno Portugués, Ana Paula Vitorino, a súa preocupación pola boa marcha dos traballos na liña do AVE entre Braga e Porto, fundamental para o desenvolvemento socioeconómico da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.