Unha maqueta da Casa da Xuventude feita por usuarios de Cedro fai visible o labor de prevención da drogodependencia
As concelleiras de Benestar Social e Xuventude, Máría Méndez e Iolanda Veloso, respectivamente, participaron hoxe na entrega dunha maqueta da Casa da Xuventude realizada polos usuarios e usuarias das unidades de día de Cedro. María Méndez explicou que o acto se enmarca na celebración do décimo aniversario do Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións (PLDA), que pretende "facer visible o traballo que se está a desenvolver".
A maqueta da emblemática Casa da Xuventude ubicada na rúa López Mora foi realizada por usuarios e usuarias das unidades de día de CEDRO, o cal demostra, segundo a concelleira de Benestar Social, que "a coordinación interna é posible". En consecuencia, asegurou que a maqueta representa o símbolo de que se pode construir "un futuro mellor".
A concelleira de Benestar Social destacou tamén que este acto demostra a transversalidade que se está levando a cabo entre as distintas concellerías que dependen do BNG, neste caso Benestar Social e Xuventude. "Hai que incidir especialmente na xuventude, para que o labor preventivo sexa unha realidade", salientou María Méndez, quen destacou o traballo que neste sentido desenvolven Cedro e a Concellería de Xuventude.
A concelleira de Xuventude, pola súa banda, incidiu neste mesmo aspecto e salientou que a transversalidade é fundamental no traballo que se leva a cabo coa xuventude no ámbito da prevención das drogodependencias. "Para a Casa da Xuventude é un orgullo contar con esta maqueta, que é un símbolo da transversalidade", salientou. Iolanda Veloso explicou que neste sentido a Concellería de Xuventude desenvolve diversas actividades alternativas de lecer, como o programa de Tardes e Noites Vivas. Ao respecto indicou que o traballo desenvolvido en colaboración con Cedro para a sensibilización e prevención do consumo de drogas é fundamental.
Descargar todas as imaxes