xoves, 13 novembro 2008

"Con toda probabilidade" o Ministerio de Vivenda xestionará os 40 ambitos de promoción pública de Vigo

O alcalde de Vigo e a Dirección Xeral do SEPES, a Entidade Pública Empresarial do Solo dependente do Ministerio de Vivenda, acordaron este xoves estudar conxuntamente que o Estado se encargue da promoción, construcción, xestión e venda das 24.000 vivendas de iniciativa pública do Concello de Vigo. "Con toda probabilidade" o SEPES se encaragará das mesmas, afirmou Abel Caballero.

Iolanda Veloso subliña a pertinencia de seguir promovendo a formación en igualdade na mocidade

xoves, 13 nov 2008

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso subliñou estes xoves a necesidade de seguir promovendo a formación en igualdade, sobre todo coa xente nova. No acto de clausura do curso formativo de promotoras de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a edil do BNG agradeceu o interese e a resposta das persoas participantes na iniciativa "que demostra que non estabamos tan erradas na organización desta iniciativa".

Elena Maure salienta que os orzamentos do 2009 impulsan a recuperación do patrimonio histórico

xoves, 13 nov 2008

A concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, salientou este xoves que os orzamentos do seu departamento para o 2009 apostan pola recuperación do patrimonio histórico vigués. Na presentación das contas para o vindeiro exercicio a edil nacionalista subliñou que os orzamentos inciden na "posta en valor do xacemento do Castro e na mellora do xardín histórico de Castrelos".