venres, 14 nov 2008
O concelleiro de Cultura, Xesus López, defendeu este venres a convocatoria de campañas de fomento da lingua galega e da lectura como "Flis-Fli-Ris-Flás" nun "momento complicado". Na presentación desta iniciativa, que está dirixida a escolares de primeiro e segundo de Primaria, o edil e o director comercial da editorial Galaxia, Xulio Amigo, explicaron que a campaña chegará a Vigo o vindeiro domingo da man da compañía Matapiollos que representará a obra de teatro no Centro Cultural Caixanova ás 12 e ás 18 horas.<br />
<br />
venres, 14 nov 2008
Esta exposición, que inaugura en primicia o Verbum, adéntrase no mundo medieval da man duns monxes copistas que dedicaban a súa vida a copiar, iluminar e encadernar libros e códices. O museo Verbum será, durante oito meses, o escenario dun mosteiro medieval no que se recrearán as distintas fases de elaboración dun libro e códice, os instrumentos utilizados, as distintas personaxes: iluminadores, copistas, miniaturistas, monxes, etc.
venres, 14 nov 2008
A veciñanza de Lavadores, Beade, As Travesas, A Miñoca, Zamáns e Candeán poderá gozar esta fin de semana coa programación de teatro do "Vigo a Escena", organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Vigo. Hoxe 14 de novembro, a compañía The Pinga Teatro representará "Unha rosa no xardín" en Lavadores; mentres que mañá, 15 de novembro, Aforo Teatro interpretará "Do cotián: o absurdo" en Beade, Máscara Producións levará á escena "Asalto de Cama" no paraninfo do instituto Santa Irene, e Disque Danza presentará "E me deixo enlear" no auditorio do Conservatorio de Música da Miñoca; o domingo 16 de novembro, Títeres en Acción representará "Trastos vellos" en Zamáns e Aforo Teatro levará a obra "Do cotián: o absurdo" en Candeán.
Mobilidade e Seguridade
venres, 14 nov 2008
O Concello de Vigo vai renovar as tarxetas de estacionamento de vehículos das persoas con discapacidade. A finalidade desta renovación é garantir que o titular dunha tarxeta deste tipo disfrute das facilidades de estacionamento relacionadas coa mesma.
Mobilidade e Seguridade
venres, 14 nov 2008
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanizacion da Rua Sanjurjo Badia, e co consenso dos veciños, realizarase os seguinte cambios: a 1ª Travesía de Guixar e Sta. Tegra cambian de sentido de circulación, quedando a 1ª Travesia de Guixar con sentido Sta. Tegra-Guixar, e a rúa Sta. Tegra queda con sentido de circulación ascendente, dende o martes 18 de novembro de 2008 ás 10.00 horas.
Benestar Social
venres, 14 nov 2008
Trátase dunha experiencia piloto para a creacion dun servicio especializado durante 4 sábados (1 por mes) de ocio para persoas con discapacidade e necesidade de apoios intermitentes.