Xesus López defende a convocatoria de campañas de fomento da lectura en galego como "Flis-Fli-Ris-Flás"
O concelleiro de Cultura, Xesus López, defendeu este venres a convocatoria de campañas de fomento da lingua galega e da lectura como "Flis-Fli-Ris-Flás" nun "momento complicado". Na presentación desta iniciativa, que está dirixida a escolares de primeiro e segundo de Primaria, o edil e o director comercial da editorial Galaxia, Xulio Amigo, explicaron que a campaña chegará a Vigo o vindeiro domingo da man da compañía Matapiollos que representará a obra de teatro no Centro Cultural Caixanova ás 12 e ás 18 horas.<br /> <br />
"Son tempos de grandes dificultades para o galego", salientou o concelleiro de Cultura, quen considera que esta situación ten a súa explicación pola "grande influencia" dos medios de comunicación en castelán, os efectos dun ensino "claramente castelanizante", os requerimentos do mundo laboral e a presión dunha "errónea concepción do chamado mundo globalizado". Ao respecto, Xesus López denunciou que "curiosamente aparecen movementos que denuncian dende a demagoxia e a clara manipulación unha inexistente situación de desamparo na que di atoparse un sector de falantes en castelán". O edil nacionalista expresou os seus parabéns á editorial Galaxia e á Xunta por desenvolver un proxecto que axuda a que os galegas e as galegas "manteñan o maior tesouro, que é a propia lingua"
Segundo explicou o o director comercial da editorial Galaxia, a campaña "Flis-fli-ris-flás" é un programa no que se unen teatro, literatura e novas tecnoloxías dirixido á totalidade dos nenos e nenas de Galicia de primeiro e segundo curso de Educación Primaria. A Compañía Matapiollos é a encargada de representar, ata en 75 ocasións, e en 47 concellos diferentes, a obra de teatro, dirixida por Jorge Coira e protagonizada por Martiño. En Vigo, a representación terá lugar o vindeiro domingo, 16 de novembro, no Centro Cultural Caixanova, ás 12 e ás 18 horas. Todos os asistentes serán agasallados cunha bolsa que inclúe unha publicación en forma de conto ilustrado, diferentes propostas para desenvolver no ámbito familiar, e un CD interactivo con case que cen actividades lúdicas arredor da lingua. Na bolsa tamén se inclúe un tríptico co obxectivo de sensibilizalos da importancia do seu traballo como transmisores e fomentadores da lingua e do amor polos libros.
A historia de Martiño, os seus medos á escuridade e a axuda que atopa nas historias dos libros, será reforzada desde distintos soportes. Os cativos ven a obra e seguen as peripecias de Martiño, que continúan despois no conto da autora Araceli Gonda. As ilustracións de Xosé Tomás, tanto no conto como nas animacións do CD interactivo, dotan a todo o producto dunha estética moi atractiva e axeitada ás idades ás que vai dirixido.
Descargar todas as imaxes