Escoitar

Iolanda Veloso subliña a pertinencia de seguir promovendo a formación en igualdade na mocidade

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso subliñou estes xoves a necesidade de seguir promovendo a formación en igualdade, sobre todo coa xente nova. No acto de clausura do curso formativo de promotoras de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a edil do BNG agradeceu o interese e a resposta das persoas participantes na iniciativa "que demostra que non estabamos tan erradas na organización desta iniciativa".

xoves, 13 nov 2008
1226584270Entreg.JPG
"É preciso seguir a traballar coa xente nova nas iniciativas pola igualdade", destacou Iolanda Veloso na súa intervención, porque ao seu xuízo existen temas e actitudes "que merecen o noso debate e actuación". A edil do BNG animou as e os participantes no curso a "poñer en práctica o tratado no curso", no que analizaron cuestións básicas relacionadas co xénero como a coeducación, a problemática concreta de adolescencia, a sexualidade e a elaboración de proxectos de igualdade.

A concelleira nacionalista sinalou, durante o acto de entrega de diplomas, que a gran resposta e interese espertado por esta acción formativa demostra que a Concellería de Igualdade "non estaba errada ao dedicir organizar esta programación".
Descargar todas as imaxes