Xornada informativa sobre "a protección xurídica das persoas con discapacidade"
A Fundación Tutelar "camiño do miño" e vicepresidencia da Xunta celebran en Vigo o venres, día 14, unha xornada informativa co título "A protección xurídica das persoas con discapacidade desde a persepctiva do trastorno do espectro autista". A xornada, con entrada libre, será ás 19.00 horas no edificio CAMI, na rúa Laxe,3.
Luis Ángel Fernández Barrio, maxistrado-xuíz do xulgado do contencioso administrativo de Vigo, será o encargado de presentar a Fundación Tutelar "Camiño do Miño". A continuación tomará a palabra Marián Pérez del Campo sobre "Figuras de protección no ordenamento xurídico español". Marían Pérez , é licenciada en Dereito, asesora da Fundación Galega para Tutela de Adultos e autora da guía xurídica "Manual del tutor: teoría y práctica".