O comité organizador presenta o calendario e a imaxe do Campionato do Mundo de Hóckey sobre Patíns Vigo 2009
O comité organizador do Campionato do Mundo de Hóckey sobre Patíns Vigo 2009 presentou o seu calendario e a imaxe oficiais, tras a reunión celebrada este mércores no Instituto Ferial de Vigo. As competicións desenvolveranse do 3 ao 11 de xullo do 2009 no Instituto Feiral de Vigo e no Pavillón Municipal de Pontevedra cun total de 16 países participantes divididos en catro grupos.
O presidente da Federación Española de Patinaxe, Carmelo Paniagua, salientou que o comité organizador ten a "máxima ilusión" na celebración do campionato nas cidades de Vigo e Pontevedra. Ao respecto, indicou que o escenario que se habilitará no IFEVI será o "mellor do mundo", mentres que a sede de Pontevedra tamén conta cun "magnífico pavillón". "Estamos convencidos de que será o mellor mundial da historia do hóckey sobre patíns", subliñou. Paniagua, ademais, explicou que o comité organizador está buscando os sistemas de promoción do campionato tanto no ámbito estatal como no internacional, así como os diferentes medios de produción e as distintas ofertas para a transmisión do evento coa "mellor calidade". Como novidade, Carmelo Paniagua destacou que xunto ao campionato do mundo celebrarase un torneo de categorías inferiores, "que expresa o interese pola base do deporte".
O representante do Consello Superiror de Deportes, Ángel Luis López Vázquez, salientou a necesidade de colaboración entre as distintas institucións para a celebración dos eventos deportivos desta magnitude, e neste sentido mencionou a colaboración que se está a manter coa Xunta e cos concellos de Vigo e de Pontevedra. "Desexo que este campionato do mundo sexa un éxito deportivo e que sexa unha ferramenta útil para expandir a imaxe de España e de Galiza no exterior", afirmou.
O tenente de alcalde, o nacionalista Santi Domínguez agradeceu a todas as persoas que fixeron posible Vigo e Pontevedra sexan sede deste mundial no 2009, como as Federacións Española e Galega de Patinaxe, o Consello Superior de Deportes, a Consellería de Cultura e Deporte, o Concello de Pontevedra, e o clube Vigo Stick. "Será un gran evento deportivo no que o público vai respostar", asegurou.
Ao longo da súa intervención presentou a imaxe e o vídeo promocionais "nas que quixemos volcar as potencialidades da cidade", explicou. Respecto á imaxe, Santi Domínguez salientou que se trata dun logo "moderno e con frescura como Vigo e Pontevedra", respaldado por todo o comité organizador. En canto ao vídeo promocional, presenta á cidade de Vigo estreitamente vencellada ao azul polo mar e as praias, ao verde pola natureza dos seus parques e bosques, e vermella pola pasión coa que vive cada acontecemento.
"Os grandes eventos deportivos teñen que repercutir na base", sinalou o tenente de alcalde en referenza á celebración dun torneo dirixido a categorías inferiores simultaneamente que mundial. Ao respecto tamén indicou que o Vigo Stick será o equipo encargado de levar o nome do Campionato do Mundo, xa que pasará a chamarse Vigo 2009 e lucirá nova indumentaria coas cores da marca oficial. "O Vigo Stick vén de atravesar momentos complicados ao non atopar patrocinador", explicou Santi Domínguez, polo que o comité organizador ven de aprobar que o mundial de hóckey sirva para patrocinar ao equipo dunha das cidades que acollerá o mundial.
Ademais do director executivo do campionato, Enrique Urdiales, o presidente da Federación Española de Patinaxe, Carmelo Paniagua, o representante do Consello Superior de Deportes, Ángel Luis López Vázquez, e o tenente de alcalde do Concello de Vigo, Santi Domínguez, tamén participaron na reunión do comité organizador o presidente da Federación Galega de Patinaxe, Enrique García, a concelleira de Deportes de Pontevedra, María dos Anxos Riveiro Portela, a representante da Dirección Xeral de Deportes, Cristina Fernández Piñeiro, o concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, Xabier Alonso, e Jorge Santo en representación de Caixanova.
Descargar todas as imaxes