Escoitar

"Con toda probabilidade" o Ministerio de Vivenda xestionará os 40 ambitos de promoción pública de Vigo

O alcalde de Vigo e a Dirección Xeral do SEPES, a Entidade Pública Empresarial do Solo dependente do Ministerio de Vivenda, acordaron este xoves estudar conxuntamente que o Estado se encargue da promoción, construcción, xestión e venda das 24.000 vivendas de iniciativa pública do Concello de Vigo. "Con toda probabilidade" o SEPES se encaragará das mesmas, afirmou Abel Caballero.

xoves, 13 nov 2008
1226583960sepes.JPG
Os 40 ámbitos urbanísticos de promoción pública do Concello supón 24.000 novas vivendas nos próximos oito anos, das que aproximadamente a metade serán de protección oficial.

Este xoves, o alcalde plantexou á Entidade Pública Empresarial do Solo a asunción da promoción, construción, xestión e venda dos ámbitos, previo convenio co Ministerio de Vivenda do Goberno de España. Abel Caballero afirmou que se estudarán en conxunto os desenvolvementos urbanísticos e mostrouse seguro de que "con toda probabilidade" o SEPES se encargará da promoción dos ámbitos, nunha "cooperación aberta" entre a Alcaldía de Vigo e o Ministerio.

O rexedor vigués sinalou que para a cidade representaría unha "garantía" contar cun xestor experimentado e con recursos na xestión do solo e así que "nin un so obstáculo" apareza na construción das vivendas. Abel Caballero explicou que o SEPES deu todas as facilidades, polo que o Concello enviará, cunha orde de prioridades, toda a información dos ámbitos, para posteriormente pechar as conversas. O alcalde adiantou que pedirá unha entrevista coa Ministra de Vivenda, Beatriz Corredor, para formalizar o acordo.

As 24.000 vivendas dos planeamentos, xunto coa iniciativa privada que contempla o Plan de Ordenación Municipal, completarán en Vigo unha "importantísima oferta, suficiente para abastecer a demanda de vivenda libre e protexida dos próximos 8 anos", subliñou Abel Caballero.
Descargar todas as imaxes