O museo Verbum inaugura a exposición SCRIPTORIUM VERBUMIENSE "A palabra convertida en arte"
Esta exposición, que inaugura en primicia o Verbum, adéntrase no mundo medieval da man duns monxes copistas que dedicaban a súa vida a copiar, iluminar e encadernar libros e códices. O museo Verbum será, durante oito meses, o escenario dun mosteiro medieval no que se recrearán as distintas fases de elaboración dun libro e códice, os instrumentos utilizados, as distintas personaxes: iluminadores, copistas, miniaturistas, monxes, etc.
Dende o S. IX, algunhas abadías e mosteiros posúen un Scriptorium, lugar onde copiaban ou creaban, decoraban e encadernaban os libros ou códices. Calígrafos, iluminadores, miniaturistas e
encadernadores... en definitiva monxes copistas convertidos en artistas e os seus traballos en verdadeiras obras de arte. A difusión da imprenta a partir do S. XVI despraza á obra manuscrita, pero dalgunha maneira tamén a revaloriza, pois os libros impresos non poderían competir en detalle nin acabado coa paciente dedicación que recibían os códices no "Scriptorium".
Con esta exposición que inaugura en primicia o Verbum querese dar a coñecer o laborioso proceso de
creación dun códice, e ao mesmo tempo destacar a importancia que tivo Galicia no que respecta á creación e elaboración dos mesmos. Moitos destes naceron e foron feitos nun dos scriptoria máis importantes do mundo: o de Santiago de Compostela que xunto ao de Ripoll foron os máis prestixiosos do territorio hispano durante a Idade Media.
Tamén a lingua galega ten protagonismo neste contexto, pois nela realizouse o fermosísimo códice das Cantigas de Santa María baixo as ordes e directrices do rei Afonso X o Sabio. Por todo isto, é un proxecto destinado a coñecer e potenciar a cultura e historia medieval de Galicia.
Acompañados dun monxe copista, os participantes adentraranse no ambiente monacal dun scriptorium,
descubrirán os seus segredos, os distintos traballos, as fases de elaboración para finalmente poder crear, cos coñecementos adquiridos, a súa propia obra de arte.
A exposición poderá visitarse, do 19 de novembro a xuño de 2009 en horario de martes a domingo de 10 a 19 horas. Entrada gratuita.
Visitas comentadas para público xeral: sábados, domingos e festivos ás 18 horas.
Información e reservas para grupos (visitas comentadas): 986 240 130 / verbum@iservicesmail.com
Descargar todas as imaxes