As parroquias concentran o orzamento de 2009 en abastecemento, saneamento e humanizacións
Os 9,4 millóns de euros destinados a humanizacións pola Concellería de Servizos Xerais no 2009 permitirán a mellora de Teis, Balaídos, Bouzas e o Calvario. Ademais, o departamento que dirixe Isaura Abelairas investirá outro millón de euros para abastecemento e saneamento en Sampaio, San Xoán Poulo, Candeán, Valadares e Coruxo.
A concelleira de Servizos Xerais, Isaura Abelairas, presentou este luns os orzamentos da súa área para 2009 que reafirman o "compromiso do goberno local cos barrios e parroquias da cidade", indicou Abelairas. Dos 26 millóns de euros da Concellería para o próximo ano, uns 10,5 serán investimentos que priorizan as parroquias viguesas.
A edil explicou que as contas de Servizos Xerais para 2009, que reducen nun 50% os gastos de publicidade -45.000 euros-, inclúen partidas para saneamento e abastecemento por valor dun millón de euros, que mellorarán o servizo en Casal-Sampaio, en San Xoán Poulo, Candeán, Valadares e Coruxo, entre outros. Ademais, o departamento adica 200.000 euros para mantemento e mellora do alumeado público e 180.000 máis para a supresión de barreiras arquitectónicas.
O orzamento adica 1,55 millóns para a conservación e mantemento de viais e espazos públicos, explicou Abelairas, un servizo rápido arranxa as beirarrúas en 24 horas, atendendo prioritariamente ao rural, e que ata o momento xa leva 11 quilómetros asfaltados e máis de 2.000 m2 de beirarrúas repostas, indicou a socialista.
Para a continuación da construción de beirarrúas no rural, que comezou na súa primeira fase este ano, se dedicarán 665.000 euros no 2009.
Humanizacións
Servizos Xerais adica no próximo ano 9,4 millóns de euros para humanizacións -un 17% máis que no 2008-, cifra que representa o 45% do total do investimento do Concello de Vigo do vindeiro exercicio.
Abelairas explicou que se continuará coa humanización das rúas Eugenio Kraft, cunha partida de 400.525 euros, e Sanjurjo Badía, cun custo de 847.000 euros para a segunda fase; do entorno do Calvario, rúas Extremadura e Cristo, por valor de 1.027.000 euros; e de Travesía de Vigo, 2.065.829 euros para Numancia-Urzáiz.
A concelleira adiantou que se iniciará tamén a mellora de Alcalde Portanet, 500.000 euros para a primeira fase; da rúa Paulino Freire, en Bouzas, por valor de 437.675 euros; de Simón Bolivar, con 596.985 euros de investimento; e da zona de Vilagarcía de Arousa, en Coida, con 864.090 euros. Igualmente se iniciará en 2009 o resto da primeira fase do entorno de POVISA, rúas Regueiro e Tarragona, cun custo de 1.272.875 euros.
Polo convenio asinado coa Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia, se acometerá a humanización de Torrecedeira/Tomás Alonso e do entorno de Álvarez, cun investimento de 400.000 e 300.000 euros respectivamente. A cooperación coa Consellería complementa ás humanizacións das Avenidas de Florida e Castrelos, de titularidade autonómica, que comezarán esta semana, segundo estimou Isaura Abelairas.
Estado das obras
Isaura Abelairas repasou o estado actual das obras que se están a acometer desde o seu departamento, destacando que a gran maioría están avanzadas cun alto porcentaxe das mesmas executado.
Tal e como indicou, as humanizacións do entorno de POVISA, do entorno do Calvario e a Alameda de Suárez Llanos, en Bouzas, contan co 75% da obra executada, así como a mellora do saneamento de Cabral e Candeán e do Camiño da Seara. A reforma do entorno do Mercado de Teis e a supresión de barreiras arquitectónicas están ao 69% de execución; e as humanizacións de Eugenio Kraft e Sanjurjo Badía, nas súas primeiras fases, está co 50% executado.
Descargar todas as imaxes