Escoitar

Xunta de Goberno Local

luns, 10 nov 2008
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 11 DE NOVEMBRO DE 2008.


1.- Acta das sesións extraordinaria e extraordinaria e urxente do 22 de outubro e das sesións ordinaria e extraordinaria e urxente do 24 de outubro de 2008.

ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
2.- Bases do concurso "Vente cos Reis Magos 2008". Expte. 22878/335.

ASESORÍA XURÍDICA
3.- Dar conta da relación de sentenzas e autos remitidos por Asesoría Xurídica:

a) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº1 de Vigo no RC-A nº 53/2006 p.o. Demandante: Prazadouro S.L. Obxecto: Resolución do tribunal Económico Admtvo. do 30/08/06 desestimatoria da reclamación contra liquidación da taxa de entrada de vehículos e taxa de lixo industrial do aparcamento subterraneo da praza Elíptica. Estimado parcialmente.

b) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A p. a. Nº 195/08. Demandante: D. Eduardo Fernández Crispín. Obxecto: Resolución do 18/02/2008 en Reclamación patrimonial, expte. 1377/243. Desestimado o recurso.

c) Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A p.a. 197/2008. Demandante: D. Julián José Viéitez Fernández. Obxecto: Resolución do Tribunal Económico Admtvo. do Concello de Vigo en materia de sancións de tráfico,expte. 866/550. Desestimento.

d) Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A p. a. Nº 204/2008. Demandante: D. José Antonio Sánchez Rivera. Obxecto: Sanción de tráfico, expte.: 078705833. Desestimento.

BENESTAR SOCIAL
4.- Prestación do Servizo de axuda no fogar: alta exptes. 14/2080, 14/2085, 14/1913, 02/2346, 3/2009, 2/2378, 14/1442.

5. Prestación do Servizo de Centro de Día para personas maiores: alta expte. 2034/14.

CULTURA
6.- Contrato da actuación musical de Café Zimermann na Igrexa María Auxiliadora dentro do Are More 2008. Expte. 11265/331.

DEPORTES
7.- Devolución de aval a Delfin Time S.L. constituído pola realización do evento Futbol Park. Expte. 8197/333.

DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO
8.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e a Fundación Secretariado Xitano para o desenvolvemento de accións dirixidas á poboación xitana no marco dos programas de loita contra a discriminación

INTERVENCIÓN XERAL
9.- Xustificantes de libramentos.

MEDIO AMBIENTE
10.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Medio Ambiente durante o mes de outubro de 2008. Expte. 6026/306.

NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA
11.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Normalización Lingüística durante o mes de outubro de 2008. Expte. 769/334.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
12.- Expediente de contratación para a subministración de dous vehículos para a Área de Educación. Expte. 9684/332.

13.- Expediente de contratación das obras na Escola municipal de Música. Expte. 9437/332.

14.- Expediente de contratación para a subministración de colectores para a recollida selectiva de envases lixeiros. Expte. 2276/252.

15.- Revisión de prezos do servizo de vixilancia e mantemento das instalacións do Verbum-Casa das Palabras. Expte. 18408/240.

16.- Revisión de tarifas do aparcadorio situado entre as rúas Zaragoza-Valle Inclán. Expte. 18484/240.

17.- Devolución de garantía a Sercoysa Proyectos y Obras S.A. Expte. 784/443.

18.- Dar conta da constitución de garantía mediante aval a cambio de retención da mesma do prezo do contrato da implantación, xestión de funcionamento da Escola municipal de música tradicional e folk. Expte. 9317/332.

19.- Modificación do contrato da prestación do servizo de colaboración coa xestión catastral (lote A e B). Expte. 707/500.

20.- Proposta de adxudicación de dous lotes de vehículos para chatarra. Expte. 2351/241.

PERSOAL
21.- Produtividade a D. José Alvarez Riveiro por condución vehículo municipal Concellería Xuventude. Expte. 2362/336.

22.- Complemento de produtividade de D. Gabriel García Alvarez do Servizo de Educación por conducir un vehículo municipal sen ser oficial correspondente ao 2º e 3º trimestre 2008. Expte. 18526/220.

23.- Dar conta de autorización de permiso retribuído a Dª Amelia Aragunde Martínez de conformidade co previsto no art 76.1.k) do Decreto L. 1/2008, do 13 de marzo. Expte. 18552/220.

24.- Dar conta da redución de xornada de Dª Angelica Rodríguez Bertomeu, de conformidade co previsto no art. 76.1.g) do Decreto L. 1/2008, do 13 de marzo. Expte. 18553/220.

25.- Aboamento de produtividade pola campaña ordinaria de desratización no termo municipal de Vigo-2008. Expte. 18420/220.

SERVIZOS XERAIS
26.- Expediente de contratación das obras do proxecto de mellora da alameda de Beade. Expte. 4290/446.

27.- Plan de seguridade e saúde do Proxecto modificado de saneamento das parroquias Bembrive, Comesaña, Coruxo e Saiáns. Expte. 56961/250.

URBANISMO
28.- Proxecto de urbanización da UA 2 Penís de Arriba. Aprobación inicial. Expte. 4811/401.

29.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 11 de novembro de 2008, ás 8,00 h. en 1ª convocatoria e ás 9,00 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 7 de novembro de 2008.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.