Escoitar

Proxecion da película " La joven de las especias" dentro da programación do cine-forum "Alecrin"

A actriz Mariana Carballal presenta a película "La joven de las especias" que se proxecta o martes 11 de novemrno ás 19:30 horas na sala de conferencias Caixanova con entrada gratuita , dentro das actividades do grupo Alecrín coa colaboración da concellería de Igualdade.

luns, 10 nov 2008
1226325354cartel.jpg
Ficha técnica:
"The mistress of spices", Reino Unido, 90 min., 2005
Dirección :
Paul Mayeda Berges
Guión:
Gurinder Chadha e Paul Mayeda Berges; baseado na novela de Chitra Banerjee Divakaruni.
Intérpretes:
Aishwarya Rai (Tilo), Dylan McDermott (Doug), Nitin Ganatra (Haroun), Anupam Kher (Avó de Geeta), Sonny Gill Dulay (Jagjit), Nina Young (Nai de Doug), Toby Marlow (Doug ), Caroline Chikezie (Myisha), Padma Lakshmi (Geeta), Paul Bhattacharjee (Satish).

SINOPSE

Este filme é unha encantadora e sensual fábula sobre os conflitos románticos e persoais de Tilo , unha fermosa moza formada na antiga e máxica arte das especias. Ordenada con poderes especiais para axudar aos que acorden a ela, Tilo ten unha habilidade sorprendente para sentir os problemas dos demais e visualizar o seu futuro e o seu pasado. Tilo, guiada polos consellos das súas especias, atopa o remedio perfecto para todo o que cruza a súa porta.

Para que os seus poderes funcionen, debe obedecer sempre tres simples, aínda que estritas, regras: só debe utilizar as especias para axudar aos demais, non debe tocar nunca a pel doutra persoa e nunca debe abandonar a tenda.

Cando Doug, un atractvo e enigmático arquitecto, estrela a súa Harley Davison fóra da súa tenda de San Francisco, Tilo ten que curarlle as feridas e a súa vida cambia para sempre. Por primeira vez na súa vida, os desexos de Tilo espertan e comeza a cuestionar a súa existencia. Agora Tilo debe enfrontarse ao seu pasado, ás súas amizades, aos seus desexos e, en última instancia, ás súas especias, para decidir se pode loitar por vivir como ela elixa ou se debe volver á súa antiga vida.
Descargar todas as imaxes