Escoitar
615 escolares de 11 centros de ensino da nosa cidade asistirán o luns a dúas funcións desta obra especialmente pensadas para o seu uso didáctivo

Educación do Concello de Vigo programa a obra de teatro en inglés para escolares "Treasure Island"

Dentro do Programa municipal de achegamento ao idioma inglés, Aulas Internacionais-Vigo activities, a concellería de Educación organiza unha serie de sesións de teatro profesional en inglés dirixido especialmente a escolares. O programa levará a escea o vindeiro luns 10 de novembro no Auditorio Helios de Bembrive, dous pases da obra "Treasure island" (a cargo de The new performers) especialmente dirixida ao alumnado de 3º a 6º de primaria.

venres, 7 nov 2008
122597531714.jpg
Esta representación teatral conta cun elaborado material didáctico que serve a profesorado e alumnado para tirar o máximo rendemento educativo desta iniciativa.

Esta campaña de teatro en inglés para escolares pretende propiciar un contacto gratificante coa lingua inglesa e a creación dun verdadeiro contexto de inmersión linguística, na procura de mellorar os hábitos e técnicas de comunicación oral, ademais de facilitar a labor docente por supor un factor extra de motivación nos discentes na aprendizaxe desta lingua.

Con este programa, a Concellería de Educación continúa as actividades dirixidas a fomentar a capacitación do alumnado en lingoa inglesa que deu comezo no curso 2007-2008 con diversas actuacións e programas como clases de conversa en inglés nos centros de ensino, teatro e itinerarios en inglés e, recentemente, o Programa de inmersión en lingoa inglesa, que vén de rematar cun notorio éxito didáctico-pedagóxico coa estancia de tres semanas, en réxime de inmersión en centros educativos de Irlanda e Reino Unido, de 100 escolares vigueses de 4º de primaria.

Máis información na páxina web municipal www.vigo.org e na páxina web da compañía teatral www.einadescola.com
Descargar todas as imaxes