O concelleiro de Cultura anima á cidadanía a participar nas Xornadas de Danza e Música Tradicionais
A novena edición das Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas celebrarase esta fin de semana, 8 e 9 de novembro a partir das 20:00 horas no Centro Cultural Caixanova coa actuación de seis agrupacións galegas, según indicou este venres o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural do Concello de Vigo, Xesus López. O edil do BNG salienta que se trata dunhas xornadas gratuítas para as que se poden recoller as invitacións nas propias instalacións do Centro Cultural a partir das 18:30 horas.
"Dende a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural quero animar á toda a cidadanía a gozar cun espectáculo que reflicte o mellor da nosa cultura nos eidos da música e da danza tradicionais", salientou Xesus López. Neste sentido, o edil do BNG explicou que mañá sábado a Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo, a Agrupación Folclórica Lembranzas Galegas e a Banda de Gaitas Barbude da Estrada pasarán polo escenario da sala de concertos de Centro Cultural Caixanova.
Xa o domingo, 9 de novembro, na fase final do concurso, participarán a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar de Santiago de Compostela; a Asociación Cultural Xirandola de Bandeira e a Asociación Folcórica "Tangaraño". O xurado valorará de 0 a 10 puntos a cada agrupación, e terá conta os criterios da calidade artística dos bailaríns e bailarinas, o grao de dificultade e autenticidade das danzas interpretadas e o vestiario utilizado, así como o valor interpretativo do grupo de acompañamento.
Segundo indica o concelleiro de Cultura, o primeiro premio estará dotado con
1.500 euros e medalla e diploma acreditativos; o segundo con 900 euros e medalla e diploma; o terceiro premio será de 600 euros e tamén terá medalla e diploma; os cuarto, quinto e sexto clasificados concederáselle un diploma e un accésit de 100 euros. Ademais, o xurado poderá conceder un premio especial ao mellor grupo de acompañamento, dotado con 200 euros. O edil do BNG felicita á Asociación Cultural Interfolc pola organización destas xornadas, posot que considera que iniciativas como esta "resultan fundamentais no coñecemento e a difusión do noso patrimonio cultural".
Descargar todas as imaxes