Elena Maure impulsa a divulgación da cultura galega no terceiro Seminario Galego de Etnografía
Divulgar a vida cotiá dos galegos e as galenas na época contemporánea é o obxectivo da terceira edición do Seminario Galego de Etnografía, segundo explicou este venres a concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure. As xornadas, de carácter gratuíto, terán lugar os días 15, 22 e 29 de novembro no auditorio do Verbum-Casa das Palabras de 10.30 a 13.30 horas e a inscrición pode facerse a través da web www.vigo.org/artesania ou no teléfono 986 220 758.
"O Centro de Artesanía Tradicional da Concellería de Patrimonio Histórico organiza anualmente este seminario co obxectivo de divulgar entre a cidadanía diferentes aspectos que nos teñen definido histórica e culturalmente", subliñou a edil do BNG, quen sinalou que o catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela Xavier Castro Pérez impartirá as xornadas. Nelas abordaranse a "historia dos galegos e as galegas dos dous últimos séculos de diferente condición social", dende as persoas que comían ben e durmían en colchóns de lá aos que levaban unha existencia precaria e tíñanse que deitar en xergóns de follato.
Elena Maure indicou que especial atención terá o papel da muller no marco da familia tradicional galega. Neste sentido aclarou que o profesor Castro Pérez, aínda que considera fundamental o papel da muller na toma de decisións e os homes adoitaban escoitar o seu parecer, rexeita a idea do matriarcado como característica da familia galega tradicional. Así, lembrou que o ordeamento xurídico as discriminaba, necesitaban a autorización do pai ou marido para viaxar ou vender unha leira.
A concelleira nacionalista subliñou que o seminario é gratuíto, co obxectivo de "facilitar a participación de toda a cidadanía", e as persoas interesadas poden facer a inscrición a través da web www.vigo.org/artesania ou no teléfono 986 220 758 antes do 13 de novembro. Así, na xornada do 15 de novembro estará adicada á vida nos fogares labregos. A sesión do día 22 centrarase nas etapas dende a infancia á vellez. Finalmente, o 29 de novembro tratarase o tema da familia e a muller e as causas do fin desa concepción da familia.
Descargar todas as imaxes