Escoitar

Homenaxe a Isaac Albéniz, no ciclo de ARE MORE

O festival de música ARE MORE ofrece unha actuación do guitarrista Tomás Camacho, nunha homenaxe ao compositor Issac Albéniz. O concerto será o día 8 de novembro, na Igrexa de María Auxiliadora ás 20.45 horas. Con entrada libre até completar aforamento.

venres, 7 nov 2008
1226065825tomas.jpg
O autor do "Concierto de Aranjuez", Joaquín Rodrigo, dixo, "... Tomás Camacho é un excelente guitarrista e magnífico intérprete das miñas obras..."

Estudou cos mestres José Tomás, Andrés Segovia, John Williams e Leo Brouwer.
Catedrático do Conservatorio Superior de Música de Vigo, fué director deste centro de 1986 a 1995. Así mesmo, e durante 2 anos, dirixiu o Conservatorio Profesional de Música de Ourense.

Ofreceu concertos en Londres, París, Bonn, Munich, Seúl, Tokyo., e ten participado en festivais internacionais (Dublín Arts Festival, Festival de Guitare de Liège, Andrés Segovia Festival etc.)
Descargar todas as imaxes