Escoitar
A programación afonda na identidade e riqueza do patrimonio cultural de Galicia e o norte de Porttugal, con respecto a diversidade local

Máis de 300 actos para comemorar a primeira Capitalidade Cultural do Eixo Atlántico en Gaia

O concello de Vilanova de Gaia, organizará máis de 300 actos nos meses de verán co gallo da primeira Capitalidade Cultural do Eixo Atlántico que lle foi concedida por parte da entidade transfronteriza. Xoan Vázquez Mao, secretario Xeral do Eixo e Mario Dorminsky, concelleiro de Cultura de Vila Nova de Gaia, presentaron hoxe a programación, entre a que descacaron o evento turístico Expo Cidades, o Eixorap e o punto de encontro entre escritores galegos e portugueses.

luns, 1 xuñ 2009
1243860018capieixo.jpg
Nun momento en que Gaia asume a presidencia do Eixo Atlántico, e tamén da comisión de cultura de esta entidade, a capitalidade ven a reforzar o espíritu de comunidade entre os 34 municipios da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Unha extensa programación se desenvolverá de xuño a agosto, que será demostrativa de que esta comunidade transfronteiriza ten unha identidade cultural histórica marcada, e, ó tempo, un gran respecto pola súa diversidade local. Estas diversidades estarán representadas en varias iniciativas que contan co apoio dos municipios que integran o Eixo Alántico. Así, aproveitarán as celebracións para amosar en Gaia o seu arte, tradicións e oferta no evento "Expocidades do Exo Atlantico", unha mostra aberta ó publico durante dez días para cada cidade nunha céntrica praza da cidade de Gaia que leva o nome da entidade transfronteiriza.

Tamén destaca o "Eixo Rap sen fronteriras" que parte da iniciativa de xoves vigueses creadores de rap, e terá duración de dous días a principios de xullo, no que se contará con 15 de bandas de Galicia e o Norte de Portugal. No ámbito musical tamén haberá a actuación de Milladoiro e Mafalda Anauth, que presentarán o 4 de xuño o seu disco conxunto A Quinta das lágrimas, que gravaron en coprodución co Concello de Gaia.

Estas actividades, todas gratuitas, teñen como obxetivo reforzar a mestizaxe cultural, xa que se considera unha base para a cultura e un dos elementos de dinamización económica e creación de empleo. E, ademáis de recuperar a cultura tradicional, apostan pola innovación e promoción de todo o ámbito creativo que ten Galicia e Portugal, para o cal, ademáis de potenciar os creadores xa reconocidos, é importante dar cabida os xoves creadores.

Ademáis contemplarase a figura do país invitado, que nesta primerira edición será a illa africana da República Democrática de Santo Tomé e Príncipe, con cuxa presenza os visitantes poderán afondar na mixtura das tradicións populares coas élites eruditas deste pais, situado no golfo de Guinea.
E na xénese da programación, o Concello de Gaia non esqueceu as preocupacións pola formación dos novos públicos, facendo énfase nas iniciativas adicadas ó coñecemento.

Máis aló de podenciar o crecemento do número de visitantes da Capital Cultural Do Eixo Atlántico,
Gaia 2009 non contempla unicamente eventos para os meses de verán, sino que tamén programa actos de carácter local, co Salón da Literatura infantil e Xuvenil, ou no espazo do Eixo Atlántico coas Xornadas dos arquivos municipais das cidades do Eixo.

Para os interesados, atoparán toda a información na paxina web do Eixo Atlántico ou en calquera das webs dos Concellos participantes.
Descargar todas as imaxes