venres, 5 xuño 2009

A Concellería de Turismo implanta unha oficina técnica para mellorar a imaxe de Vigo que reciben os visitantes

venres, 5 xuñ 2009

O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, anunciou este venres a posta en marcha dun novo servizo destinado a mellorar a imaxe que reciben de Vigo os turistas que visitan a cidade. Segundo explicou Santi Domínguez, trátase dunha oficina técnica que terá como cometido percorrer os espazos da cidade máis visitados polos turistas "co obxectivo de comprobar os principais problemas estéticos e de infraestruturas que presentan co fin de levar a cabo actuacións de mellora".

Os nenos de Vigo doan auga con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente

venres, 5 xuñ 2009

Os escolares do CEIP Lope de Vega doan simbolicamente o seu peso en auga para a campaña "Todos somos auga" de aqualia Vigo.A empresa concesionaria da xestión integral da auga en Vigo, pon en marcha unha campaña de doazón de auga entre os máis pequenos para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra hoxe venres 5 de xuño. O obxectivo da campaña é concienciar á sociedade, e en especial aos nenos, da necesidade dun consumo responsable da auga.

A Orquestra A Tempo de Pontevedra abre o programa Imaxina na Rúa

venres, 5 xuñ 2009

Imaxina na Rúa comeza este sábado 6 de xuño para ir quentando motores de cara o Festival de Jazz de Vigo "Imaxina Sons" coa actuación da Orquestra A Tempo de Pontevedra. O obxectivo de Imaxina na Rúa é levar a música ao espazo público da man de formacións integradas na maioría dos casos por novos artistas. "A Tempo", dirixida por Miguel Angel Rodríguez, e integrada tamén por afeccionados con idades entre os 13 e 55 anos, actuará en diferentes recantos da cidade o 6 de xuño tocando standards de jazz e blues.

Ciclo de música para conmemorar o Bicentenario da Guerra da Independencia de Vigo

venres, 5 xuñ 2009

"Ilustración e liberalismo. A música no limiar da Guerra da Independencia" é o título do ciclo de catro concertos que se celebran no centro cultural Caixanova os días 8, 9, 16 e 17 de xuño con motivo do Bicentenario da Guerra a Independencia de Vigo, que organiza conxuntamente a Sociedade Estatal de Conmemoraciones Culturais (SECC), baixo a coordinación do Ministerio de Cultura e o Concello de Vigo .<br />

Máscara Producións estrena a obra "Por diante e por detrás" este sábado en Beade da man do "Vigo a escena"<br /> <br />

venres, 5 xuñ 2009

No marco da programación teatral "Vigo a escena", que organiza a Concellería de Cultura para o primeiro semestre do 2009, a compañía Máscara Producións estrenará a obra "Por diante... e por detrás" en Beade este sábado, 6 de xuño ás 21 horas. A obra programada para o domingo, 7 de xuño, de Lambriaca Producións trasládase ao 14 de xuño.