Escoitar

O Mundial de Hóckey sobre Patíns comeza a rodar coa posta a venda das entradas o vindeiro martes

O O Campionato do Mundo de Hóckey sobre Patíns, que terá lugar dos días 4 ao 11 de xullo en Vigo e Pontevedra, comezou a rodar hoxe coa celebración da última reunión do Comité Organizador e a posterior rolda de prensa de presentación do evento. Na xuntanza aprobouse os prezos das entradas, que se porán a venda a partir do vindeiro martes.<br />

venres, 5 xuñ 2009
1244206914comitemundialhokey.jpg
No acto público, que tivo lugar sobre a propia pista na que se disputará o Mundial, participaron o tenente de alcalde de Vigo, Santi Domínguez; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; o presidente da Federación Española de Patinaje, Carmelo Paniagua, e o seleccionador español, Carlos Feriche. Tamén asistiron o concelleiro de Deportes de Vigo, Xabier Alonso; a concelleira de Deportes de Pontevedra, Anxos Riveiro; e o presidente da Federación Galega Patinaje, Enrique García-Raposo.

O tenente de alcalde destacou que "cando pensamos en traer o Mundial para Vigo o fixemos pensando en cubrir catro obxectivos fundamentais: O deportivo, "xa que traíamos para aquí un evento deportivo do primeiro nivel, coas mellores seleccións a nivel mundial"; o segundo conseguir que a mellor organización: "e para iso o comité organizador está a facer un grandísimo esforzo para conseguir o mellor escenario posíbel, a mellor retransmisión televisiva, co obxectivo de que Vigo, Pontevedra e Galicia se proxecten en todo o mundo"; o terceiro, lograr a implicación da cidadanía: "para iso se apostan por prezos moi asequibles, con promocións entre os máis pequenos, accións na cidade, nos colexios…" e o cuatro, a proxección no exterior, "xa que un evento de estas características é unha venta aberta ao exterior, unha forma de promocionar a nosa cidade e o noso país". O nacionalista indicou que "con todos estes obxectivos podemos garantir que "faremos o mellor Mundial da historia".

O presidente da Federación Española, Carmelo Paniagua, comezou agradecendo o esforzo de todas as institucións involucradas no Mundial e destacou "o gran avance dado en todas as facetas do traballo". Paniagura salientou o prezo das entradas, "moi asequible para todos, maiores e nenos, e que se porán a venda a través de internet o día 9 de xuño". Ademais, o dirixente destacou a implicación de toda a xente do patinaxe no Mundial, "porque de eles tamén será o éxito do mundial".

Pola súa parte, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, manifestou a súa satisfacción por atoparse en Vigo e expresou a súa confianza en que "este será o mellor mundial da historia, tal e como indicou Santi, porque tenemos o mellor equipo do mundo, contamos cunha instalación estupenda e Galicia é unha potencia no hóckey e espero que moi pronto teñamos un galego na selección".

O seleccionador español, Carlos Feriche, destacou que a selección vai estar en Galicia entre os días 21 e 27 de xuño en Vigo, así como a instalación na que se vai a xogar o Mundial e manifestou a súa confianza en que "moi pronto un xogador galego forme parte de la selección".
Descargar todas as imaxes