Escoitar

O alcalde esixe á Xunta que negocie coa patronal e os sindicatos do metal para "sair do enrocamento" do conflicto

Abel Caballero condeou hoxe venres os actos vandálicos, "que non se poden admitir", cometidos estes días por "minorías radicalizadas" na folga do metal. O alcalde ofreceu a súa "cooperación" á Xunta, aos empresarios e aos traballadores para que "movan ficha" na resolución do conflicto e chamou "á calma e ao diálogo" ás partes.

venres, 5 xuñ 2009
1244206663P6050128.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, condeou hoxe venres "enérxicamente" os actos vandálicos cometidos esta semana por "minorías radicalizadas" no marco da folga do metal -que saldouse con máis de vinte contedores queimados e outros tantos feridos- tras o que instou á Xunta de Galicia a que negocie coa patronal e os sindicatos para "sair do enrocamento" no que se atopa o conflicto.

O alcalde afirmou que a "xornada indeseable" de onte en Vigo "non se pode admitir", e condeou que unha "minoría" dane os intereses de todos os traballadores do sector; ao tempo que indicou que estes acontecementos "non se poden volver a repetir" e para iso hai que rematar co conflicto, e esa "é a responsabilidade da Xunta".

Abel Caballero ofreceuse á Xunta de Galicia e aos traballadores e empresarios para "cooperar" na resolución, e solicitou que a conselleira de Traballo e o propio Presidente da Xunta medien na cidade. O alcalde pediu ao executivo autonómico que contacten coa patronal e os sindicatos este venres mesmo, para traballar durante a fin de semana, e o vindeiro luns comecen as negociacións e "non se levanten" ata que se acade un acordo.

O alcalde fixo un chamamento "á calma e ao diálogo" tanto a empresarios como a sindicatos, e este mesmo venres, segundo afirmou Abel Caballero, transmitirá ás partes "a demanda da cidade" dunha resolución do conflicto

Cámara ferido
O alcalde acudiu na mañá deste venres a visitar ao cámara de televisión que resultou onte xoves ferido pola explosión dun artefacto. Abel Caballero transmitiulle a "aperta en nome da cidade" e avanzou que Roberto Castro poderá obter a alta mañá sábado.
Descargar todas as imaxes