Escoitar

O tenente de alcalde retomará o irmanamento con Lorient aproveitanto a celebración do Intercéltico

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, reuniuse hoxe co seu homólogo de Lorient, Loic Champagnat, e a directora de Relacións Internacionais do municipio francés, Christina Hogrefe, como primeiro paso para reforzar o irmanamento que existe entre ámbalas dúas cidades a través de iniciativas conxuntas. A celebración do Festival Intercéltico de Lorient, que este ano ten a Galiza como país invitado de honra, vaise a aproveitar para desenvolver iniciativas conxuntas en eídos como o turismo, a cultura, o deporte ou a educación.

xoves, 4 xuñ 2009
1244120051reunionloriente.jpg
Entre as cuestións que hoxe abordaron Santi Domínguez e Loic Champagnat figura o intercambio de estudantes, a participación de grupos culturais dunha e outra cidade en eventos e festivais, a organización de torneos e incluso valoraron a posibilidade de celebrar unha regata entre Vigo e Lorient.

O nacionalista explicou que unha delegación da cidade viaxará a Lorient a finais de xuño, datas nas que se inicia o Festival, para aproveitar tamén a ocasión é facer promoción turística da nosa cidade. "Desde a Tenencia de Acaldía e a Concellería de Turismo imos a manter un contacto directo coas autoridades de Lorient para facer que o Intercéltico nos permita vender Vigo nunha zona na que hai un grande interese pola nosa cidade", explicou.

Á xuntanza non pudo asistir, como inicialmente estaba previsto, o vicerreitor da Universidade de Bretaña Sur, Jean Peeters, que é tamén secretario do Festival Intercéltico de Lorient.
Descargar todas as imaxes