luns, 1 xuñ 2009
Os 120 contedores soterrados da cidade carecen dun servizo de mantemento e reparación desde a súa instalación inicial, tramitación que continua o Concello cun orzamento de 53.000 euros. A Xunta de Goberno Local aprobou asemade este luns a adxudicación das 125 bolsas para escolares vigueses que estudarán inglés este verán no Reino Unido e Irlanda.
luns, 1 xuñ 2009
Abel Caballero recibiu este luns a Álvaro Mendonça e Moura para pasar revisión aos proxectos conxuntos de Vigo e Portugal, como as infraestruturas en marcha, e constataron asemade o papel relevante de PSA en Vigo como dinamizador das empresas de compoñentes da cidade olívica e do norte de Portugal.
A programación afonda na identidade e riqueza do patrimonio cultural de Galicia e o norte de Porttugal, con respecto a diversidade local
luns, 1 xuñ 2009
O concello de Vilanova de Gaia, organizará máis de 300 actos nos meses de verán co gallo da primeira Capitalidade Cultural do Eixo Atlántico que lle foi concedida por parte da entidade transfronteriza. Xoan Vázquez Mao, secretario Xeral do Eixo e Mario Dorminsky, concelleiro de Cultura de Vila Nova de Gaia, presentaron hoxe a programación, entre a que descacaron o evento turístico Expo Cidades, o Eixorap e o punto de encontro entre escritores galegos e portugueses.