O alcalde mantén o compromiso de cesión ao Celta das instalacións deportivas de a Madroa
Unha sentenza do TSXG devolve a propiedade aos comuneros de Teis das instalacións do VigoZoo e de parte das instalacións deportivas municipais de A Madroa, que afectan a dous campos de fútbol. Abel Caballero garantíu ao presidente do club, Carlos Mouriño, que a resolución xudicial non afectará aos acordos adoptados entre a entidade e o Concello.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente do Real Club Celta, Carlos Mouriño, reuníronse este venres e mantiveron vixentes os acordos entre as partes para a cesión das instalacións deportivas de A Madroa á entidade deportiva.
Unha senteza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia resolveu estes días que as instalacións de VigoZoo no monte de A Madroa e parte das instalacións deportivas municipais que na actualidade emprega o R.C. Celta son propiedade da Comunidade de Montes Vecinais de Teis, unha resolución que non alterará os plans acordados pola entidade deportiva celeste e o Concello.
Abel Caballero reuniu ao presidente como parte dos seus contactos con entidades representativas da cidade para coñecer a opinión da mesma sobre a situación administrativa de Vigo con relación á Xunta de Galicia. En clave deportiva, o alcalde deseou "sorte e ánimo" á entidade celeste para manter este ano a categoría e emprender no vindeiro curso un proxecto "para aspirar á primeira división".
Tres alternativas
Abel Caballero referíuse polo miudo á resolución do TSXG que, segundo explicou o alcalde, ofrece tres alternativas para dar cumplimento á mesma.
A primeira sería que os comuneros, novos propietarios, abonen todos os gastos estimados do investimento xa realizado polo Concello nos terreos do zoolóxico e nas instalacións deportivas. O pago deberá executarse "dunha soa vez", indicou o rexedor, e sen prazo definido ao Concello, e sería preciso a negociación entre as partes para acordar o prezo actual das inversións xa executadas.
As outras dúas opcións serían que o Concello expropie os 71.000 metros cadrados de terreos ou establecer unha cesión pactada entre este e os comuneros.
O alcalde afirmou que os servizos xurídicos e técnicos do Concello de Vigo están a elaborar sendos informes para determinar a opción a levar adiante, decisión que adoptarase tras o dialogo cos propietarios, segundo explicou Abel Caballero.
Descargar todas as imaxes