A entidade que otorga as bandeiras azuis en España premia o servizo de praias de Vigo
A "Distinción Temática en Salvamento, Socorrismo e Primeiros Auxilios" valorou a coordinación e o incremento do investimento da Concellería de Medioambiente. O servizo vigués de praias contou o pasado verán con novos sistemas de comunicación inalámbrica, máis seguridade e medios de prevención. Vigo recupera ademais para este 2009 a bandeira azul do areal de Argazada, co que a cidade contará este verán con sete distincións.
O presidente, José Sánchez, e o vicepresidente da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), José Palacios -entidade encargada de entregar as bandeiras azuis nos areais de España-, galardonou hoxe en Madrid ao servizo de praias vigués coa "Distinción Temática en Salvamento, Socorrismo e Primeiros Auxilios".
Vigo -e os municipios de Telde, en Gran Canaria; e Moro, en Mallorca- recibe este recoñecemento a nivel estatal pola mellora e calidade do salvamento, o socorrismo e os primeiros auxilios nos areais vigueses, valorando especialmente a coordinación dos servizos e o incremento do investimento para a atención na tempada de praias.
ADEAC valorou positivamente a introducción o pasado ano da figura dun coordinador, encargado de articular os dispositivos da Cruz Vermella, Protección Civil e a Policía Local, ademais do traballo dos propios socorristas, igualmente ben avaliado na decisión da entidade estatal.
Xunto á coordinación, o aumento do investimento da Concellería de Medioambiente en novas dotacións técnicas para o equipo humano de atención nas praias foi igualmente estimado na decisión.
Os socorristas dispuxeron o pasado verán de dez canais propios de VHF con emisoras portátiles e cobertura total en todos os areais vigueses, grazas ao repetidor instalado ao efecto. A Concellería de Medioambiente adquiriu tamén equipos portátiles de VHF profesionais para equipar ás patrullas de socorristas e ubicados en cada posto de vixilancia nas praias.
Por outra banda, o departamento que dirixe a socialista Chus Lago incluiu en 2008 novos materiais de prevención como os tableiros de inmobilización espinal, tubos de rescate e collaríns cervicais. O persoal de praias contou asemade con máis botiquíns de primeiros auxilios e de maior calidade, e dispuxo dunha ambulancia asentada en Samil exclusivamente para dar servizo a todos os areais vigueses, vehículo equipado cun equipo portátil de osixenoterapia e un desfibrilador externo semiautomático.
A edil de Medioambiente, Chus Lago, mostrouse "moi satisfeita" por ter recibido Vigo unha distinción estatal que "refrenda a aposta que estamos a facer a prol dun servizo de praias de calidade". Salientou a concelleira que Vigo é a "única gran cidade" que a recibiu este ano a devantida mención e asegurou que supón "un estímulo para continuar na mesma liña de traballo, procurando a máxima calidade e seguridade do servizo de praias, e a mellor atención para a cidadanía".
Máis bandeiras azuis
Por outra banda, ADEAC concedeu hoxe para este verán un total de sete bandeiras azuis a outros tantos areais vigueses; un máis que o pasado ano ao recuperar o distintivo a praia de Argazada. Así, no verán de 2009, Vigo presentará a distinción en Canido, O Vao, Fontaíña, Argazada, Tombo do Gato, A Punta e Rodas.
A presenza dunha bandeira azul nunha praia recoñece e estimula o esforzo das entidades locais por conseguir que dita praia cumpra determinados criterios de legalidade, accesibilidade, sanidade, limpeza e seguridade, así como que conte cunha información e xestión ambiental adecuadas.
O alcalde, Abel Caballero, fecilitou á concelleira de Medioambiente polo seu traballo no servizo de praias e afirmou que "o pasado ano propuxémonos recuperar a bandeira azul en Argazada e conseguímolo"; e indicou asemade que "en Vigo temos boas praias e o mellor servizo de socorrismo".
Descargar todas as imaxes