Escoitar

Conferencia de clausura do ciclo "O fin do rural galego?"

O xoves,28 de maio finaliza o ciclo de conferencias O FIN DO RURAL GALEGO? coa intervención do experto en cultura tradicional, Felipe Senén López Gómez, que dende as 19:30 horas falará de "Galicia: tradición e globalización a través das formas" no Auditorio do Edificio Municipal do Areal-

mércores, 27 mai 2009
1243428212artesania3.jpg
Felipe Senén é natural de Carballiño, 1948. Estuda Filosofía e Letras,especialidade de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela. En 1975 é nomeado director-conservador do Museo Arqueolóxico de A Coruña, ubicado no Castelo de San Antón. No 1996 pide excedencia no Museo Arqueolóxico e pasa á Deputación Provincial de A Coruña como Técnico de Xestión Cultural, inspirando e coordenando plans de dinamización cultural, museoloxía e recuperación do patrimonio cultural moble, inmoble e ideolóxico, así como a posta en valor de ecomuseos, tan significativos
como ponte entre pasado e presente para entender as bases culturais dunha Galicia rural en transformación.

É membro do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, secretario da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario, na que ingresa cun discurso sobre "A auga e as fontes en Galicia", e secretario do Instituto Xosé Cornide de Estudos Coruñeses.

Preocupado pola linguaxe simbólica na tradición galega, así como pola posta en valor do patrimonio etnográfico e arqueolóxico ten realizado e participado en múltiples publicacións, artigos, nos medios de comunicación de Galicia, folletos, guías, programas de radio, TV.
Descargar todas as imaxes