martes, 26 mai 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, entregaron hoxe as tarxetas do bono-taxi a 96 usuarios e usuarios con mobilidade reducida. O programa ten o obxectivo de facilitar a mobilidade ás persoas con discapacidade na súa vida cotiá e favorecer a igualdade de oportunidades.
martes, 26 mai 2009
O departamento de Raquel Díaz comezou no outubro pasado coa reforestación da Avenida, cambiando chopos e acacias -con alta concentración de polen- por seis especies distintas de calidade co obxectivo de non xerar molestias á cidadanía. O transplante será progresivo para manter o paseo verde, a actuación estará completada en dous anos e conta con 50.000 euros de orzamento.
martes, 26 mai 2009
A selección española senior de baloncesto feminino xogará este sábado, ás 20.00 horas, no pavillón central das Travesas fronte a Cuba en partido amigable de preparación para o Campionato de Europa, que se xogará do 7 ao 20 do vindeiro xuño en Riga (Letonia). A Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes patrocinan o encontro, con entrada gratuíta e que serve tamén ao Concello para recoñecer 40 anos do Celta no baloncesto nacional.<br />