O tenente de alcalde pon o programa bono-taxi como exemplo da aposta pola igualdade de oportunidades
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, entregaron hoxe as tarxetas do bono-taxi a 96 usuarios e usuarios con mobilidade reducida. O programa ten o obxectivo de facilitar a mobilidade ás persoas con discapacidade na súa vida cotiá e favorecer a igualdade de oportunidades.
O tenente de alcalde, tras agradecer a presenza no acto dos usuarios e usuarias, lembrou que cando hai dous anos se elaborou o programa do BNG para as eleccións municipais do 2007, acadar a igualdade de oportunidades para todos os cidadáns e cidadás era unha das prioridades. "Tiñamos claro que o noso paso no Goberno municipal tiña que deixar unha pegada, que é o noso compromiso e o noso esforzo pola igualdade de oportunidades, porque é unha cuestión de xustiza", salientou.
"Pero non deberedes contentarvos co bono-taxi nin coa eliminación das barreiras arquitectónicas, senón que tendes que seguir reclamando o posto que vos corresponde na sociedade, que é o mesmo que o meu ou o da concelleira de Benestar Social", manifestou Santi Domínguez. Neste sentido, o nacionalista subliñou que o programa do bono-taxi ten por obxectivo acadar que as persoas con discapacidade "teñan as mesmas oportunidades para ir aos mesmos lugares ca min".
Na súa intervención, o tenente de alcalde recoñeceu que aínda "falta moito por facer e temos que ir mellorando", pero salientou que nesta segunda edición do bono-taxi xa se fixeron melloras respecto ao ano pasado ao implantar o sistema prepago. "Precisamos da colaboración de todos vós e de todas as asociacións para seguir mellorando", afirmou. A este respecto, indicou que "sabemos que aínda estades discriminados respecto a nós mesmos, e que imos máis despacio do que merecedes, pero de aquí ao final do mandato seguiremos traballando neste camiño de cara a acadar a igualdade de oportunidades".
A concelleira de Benestar Social explicou que cada unha das 96 persoas beneficiarias deste programa recibe unha subvención de 450 euros, que está cargada na tarxeta prepago, que ten a Caixa Galicia como entidade colaboradora. "Cada persoa poderá distribuir a súa utilización ao longo deste ano, e dentro do término municipal de Vigo, como considere oportuno", destacou María Méndez. Deste xeito, a persoa que desexe utilizar o servizo só terá que chamar ao taxi e en cada traxecto o taxista descontará o importe correspondente ata a finalización do saldo.
"É un pracer estar neste acto tan sumamente representativo na nosa aposta para que as persoas con discapacidade teñan os mesmos dereitos que o resto", salientou a concelleira do BNG. Neste sentido, afirmou que dende Benestar Social "o estamos a intentar e o seguiremos facendo nos dous anos que quedan de mandato". María Méndez dixo que "o tema da discapacidade é unha prioridade e estamos a traballar con feitos concretos, cunha forma de facer política que continúe no futuro", sinalou.
A concelleira de Benestar Social lembrou que foi o ano pasado cando se implantou o programa do bono-taxi, cunha proba de tres meses. "Vimos que era unha necesidade e había unha forte demanda, polo que decidimos mantelo, intentando melloralo coas aportacións das persoas usuarias e as asociacións", explicou. A nacionalista salientou que a tarxeta prepago, a principal novidade do programa deste ano, "é o máis cómodo tanto para o usuario como para o taxista". Ademais de agradecer a colaboración das diferentes asociacións que traballan coas persoas con discapacidade, a concelleira nacionalista agradeceu a "inestimable colaboración dos autopatronos do taxi", así como a Caixa Galicia. Asemade, destacou outras actuacións que se están levando a cabo a prol da igualdade de oportunidades, como é o investimento de 2 millóns de euros para eliminar as barreiras arquitectónicas de diferentes edificios municipais.
Descargar todas as imaxes