Escoitar

Roteiros formativos para o voluntariado ambiental

A Ofina Municipal de Voluntariado organiza a segunda convocatoria dos roteiros formativos, destinados a mellorar a formación e coñecementos dos voluntarios en materia de medio ambiente.Esta edición terá lugar os días 29 e 30 de maio e centráse na conservación dos recursos naturais dos ríos de Galicia.

luns, 25 mai 2009
Neste roteiro pretendese achegar ata os ecosistemas fluviais galegos, unhas das nosas xoias naturais moitas veces esquecidos e maltratados. Farase mediante a proxección de dous documentais, ademais dun itinerario por unha das zonas fluviais de España.

Ao igual que na anterior edición (adicada aos bosques autóctonos) pretendese conectar os coñecementos adquiridos no roteiro con accións de voluntariado ambiental, neste caso mediante o inicio do programa Ríos Limpos no que realizanse tarefas de vixianza ambiental e limpeza de residuos en cursos de auga de Vigo.

O número de prazas é limitado a 20. A inscrición ten como data límite o 27 de maio. Para máis información Oficina Municipal de Voluntariado teléfono 986-810213 ; fAX número: 986433636
ofi.voluntariado@vigo.org

Programación

Venres 29/5/09. 18:00-20:00h. Proxeción dos documentais:
"Terras de pedra e auga". Aproximación aos valores naturais e etnográficos da Reserva da Biosfera "Terras do Miño", que visitaremos o sábado 30/5, así como das medidas de conservación que nela se están a levar a cabo.
"Os mares doces de Galicia". Utilizando como fío condutor a lamprea e mailo salmón, dúas especies de enorme interese biolóxico, cultural e económico, o documental achéganos á ecoloxía dos ríos galegos. Este documental recibiu numerosos galardóns:
-Premio Prisma Casa das Ciencias 2006.
-Segundo Premio Especial do Xurado na 32 Mostra de Cine Submarino de San Sebastián. Primeiro premio en Vídeo Largometraxe no 1º Festival Internacional de Imaxe Submarina do L’Oceanographic de Valencia.
-Premio na sección "Naturaleza de España" no 1º Certamen de Cortos por Naturaleza da Junta de Extremadura.

Ao remate da proxeción teremos oportunidade de manter un coloquio co biólogo e realizador Manuel E. García, autor do segundo documental.

A actividade terá lugar na Salón de Actos do Centro Cívico do Casco Vello (r/Oliva, nº 12, a carón da igrexa da Colexíata).


Sabado 30/5/09. 8:30-22:30h. Visita á Reserva da Biosfera Terras do Miño desde un punto de vista natural, etnográfico e cultural. A excursión será guiada pola técnica Laura Vázquez Janeiro. Horario previsto do roteiro*:

8:25h. Encontro dos participantes na Pza. do Rei (parada de Vitrasa).
8:30h. Saída do microbús cara a Lugo.
11:00-12:00h. Chegada a Lugo. Recepción de visitantes no Centro de Interpretación Terras do Miño. Visita ao centro e entrega de materiais.
12:00-15:00. Percorrido por diferentes puntos de interese da Reserva da Biosfera Terras do Miño (zona centro).
Visita ás Insuas do Miño. Ruta das Insuas. Actividades de conservación do hábitat e especies. Protección do medio. O Programa Life na Xestión do Biotopo.
Visita á "Olería de Bonxe". Cultura e tradición nas Terras do Miño.
Centro de Interpretación da Lagoa de Cospeito. Visita á Lagoa.
15:00-16:30h. Comida de campo na Área Recreativa de Sta. Isabel.
16:30-20:00h. Percorrido por distintos puntos de interese da Reserva Biosfera Terras do Miño (zona sur).
Ruta Camiño do Miño. Insua de Borneiros. Desembocadura do río Chamoso. Visita a unha pesqueira de anguías.
A Fervenza. A cultura da auga na Reserva da Biosfera Terras do Miño. Visita guiada ao conxunto Etnográfico A Fervenza.
20:00h. Remate da visita. Regreso do microbus a Vigo.
22:30h. Chegada á Pza. do Rei.

*O horario da visita podería sufrir modificacións ou recortes por mor do ritmo co que se faga a visita. Máis información sobre a Reserva da Biosfera "Terras do Miño" en internet http://www.terrasdomino.org
Os participantes deberán levar roupa e calzado comodo, adaptado ás condicións meteorolóxicas previstas, ademais de comida e bebida propias.