Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Sentido único na Rúa Marqués de Valterra

<br />

venres, 22 mai 2009
Ponse en coñecemento do público en xeral que coa finalidade de axilizar a mobilidade do tráfico na zona entre as rúas Instituto Oceanográfico e Severo Ochoa, establécese sentido único na rúa Marqués de Valterra, treito entre Instituto Oceanográfico e Severo Ochoa, cara a Severo Ochoa,
dende o mércores 27 de maio de 2009 ás 10:00 horas.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.