III Festival de Habaneras e Polifonía na Estación Marítima
A Estación Marítima de Vigo convertirase dende o día 24 de maio ata o 28 de xuño, nun espazo musical no que se celebrará o III festival de Habaneras e Polifonía da Cidade de Vigo "O Porto dunha habanera".

Todos os domingos entre ambas datas, a instalación portuaria albergará este celebración que pretende contribuir á recuperación e revalorización do desenrolo cultural e tradicional nesta cidade.
En total, serán 26 as corais polifónicas que participarán no festival, con 5 agrupaciones cada domingo, excepto ó día 28, que participarán 6, e interpretarán cinco temas cada unha de elas.
As actuacións comezarán ás 19.00 horas e a duración estimada é de dúas horas e media.
O domingo 24 de maio actuarán as corais polifónicas Apóstol Santiago, SCD Helios de Bembrive, centro Social de Rivera Atienza, CVC de Valadares e CSCR de Beade.
O Festival está organizado por ACOPOVI, baixo o patrocinio da Alcaldía e a Autoridade Portuaria de Vigo.
Descargar todas as imaxes