Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Bando<br /> Actuacións municipais na colonia urbana de gaviotas

De conformidade coa Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade e das excepcións previstas na Lei 9/2001, de 21 de agosto, de conservación da natureza, en relación coa protección da fauna e flora silvestre, tralas aportunas autorizacións ata o 31 de agosto, o Concello de Vigo realizará de oficio a retirada manual de niños e ovos sen eclosionar de gaivota patiamarela identificadas previamente en edificios de zonas de nova expansión da colonia urbana e, persoal autorizado especializado atenderá de xeito gratuíto aos avisos das/dos cidadáns que requiran este servizo no 010 ou no 986 281 901.

venres, 22 mai 2009
Lémbraselles aos cidadáns en xeral a obriga de deixar o lixo tapado no interior dos colectores. Conforme a vixente ordenanza municipal de limpieza pública e tratamento de residuos sólidos urbanos, non está permitido depositalo fóra dos recipientes normalizados ou amontonalo ao aire libre, nin botar desperdicios que poderían servir de alimento ás gaivotas, sen prexuízo das sancions que do seu incumprimento procedan.

Agradécese a maior colaboración cidadá no desenvolvemento e efectividade das actuacións previstas na mellora da mutua convivencia e salubridade do noso municipio.