Pleno da Corporación Municipal
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 9
CONVOCATORIA
ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 25 de Maio de 2009, ás nove horas, no salón de Plenos deste Concello.
1.- Actas anteriores. (Sesións 23/30.03.09 e 03.04.09)
2.- Dar conta do escrito de data 1 de maio de 2009, de renuncia ó posto da concelleira Dª Lucia Molares Pérez
3.- Dar conta do escrito de data 13 de maio de 2009, de renuncia ó posto da concelleira Dª María Corina Porro Martínez.
ALCALDÍA
4.- Dar conta de decreto da Alcaldía de data 24 de abril, polo que se nomea con carácter accidental secretario xeral do Pleno da Corporación a don Manuel Xosé Lorenzo Penela.
5.- Dar conta de decreto da Alcaldía de data 18 de maio, polo que se nomea secretaria xeral do Pleno da Corporación, en réxime de comisión de servizos a Dª Concepción Campos Acuña.
6.- Dar conta de decreto da Alcaldía de data 24 de abril, polo que se resolve nomear membro da Xunta de Goberno Local a don Eudosio Álvarez Álvarez.
7.- Dar conta de decreto da Alcaldía de data 24 de abril, polo que se resolve delegar as áreas de Patrimonio Histórico no membro da Xunta de Goberno Local don Eudosio Álvarez Álvarez.
8.- Dar conta de decreto da Alcaldía de data 24 de abril, polo que se resolve a adxudicación do réxime de dedicación exclusiva a un membro da Xunta de Goberno Local.
9.- Dar conta do escrito de data 5 de maio de 2009, de aceptación de dedicación exclusiva dun membro da Xunta de Goberno Local.
10.- Proposta de nomeamento de D. Eudosio Álvarez Álvarez como membro do Consello de Administración do Consorcio Casco Vello de Vigo.
MOCIÓNS
11.- Moción do Grupo Popular instando a posta en marcha dun programa de axudas ós comerciantes.
12.- Moción do Grupo Popular solicitando a entrega ós grupos municipais do borrador da Carta da Cidade.
13.- Moción do Grupo Popular instando a convocatoria da oferta de emprego público do Concello.
14.- Moción do Grupo Popular instando adoptar novas medidas de tráfico sobre todo nas zonas saturadas e conflitivas.
15.- Moción do Grupo Popular instando a presenza da Policía Local en lugares conflitivos en tanto nos se aplica a nova ordenanza reguladora da convivencia cidadá.
16.- Moción do Grupo Popular instando ó goberno a presentación do plan de museos municipais e cumprimento dos acordos adoptados polo Padroado do Museo Quiñones de León.
17.- Moción do Grupo Popular solicitando a contratación de técnicos para desenvolver o plan local de drogas.
18.- Moción do Grupo Popular solicitando de forma urxente e excepcional partida presupostaria para os clubs deportivos da cidade.
19.- Rogos e preguntas.
DECRETO:
De conformidade co artigo 82 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, convócase SESIÓN ORDINARIA para o PLENO que terá lugar o DÍA 25 DE MAIO DE 2009, ÁS NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello, coa orde do día que figura anteriormente.
Se na primeira convocatoria non existira o quórum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.
Notifíquese ós Sres. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.
Vigo, 21 de maio de 2009
O ALCALDE, A SECRETARIA XERAL DO PLENO,
Abel Caballero Alvarez Mª Concepción Campos Acuña