Escoitar
Administración de Tributos

Exposición pública da matrícula do Imposto sobre Actividades Económicas correspondente ó ano 2009

<br />

venres, 22 mai 2009
Segundo a publicación no BOP número 91 de data 15 de maio de 2009, estará en exposición pública a matrícula do Imposto sobre actividades económicas correspondente ó ano 2009, entre os días 16 maio ata o 2 de xuño en horario de 9 a 13.30 horas, na oficina de Actividades Económicas e Industriais do Concello, a excepción dos sábados que se expoñerá no Rexistro Xeral,

As persoas interesadas poderán consultala e, de o consideraren, interpoñer recurso de reposición ante a Axencia Estatal da Administración Tributaria de Vigo no prazo de 15 días ou ben reclamación económico-administrativa no mesmo prazo, que contara a partir do día inmediato seguinte ó de finalización do período de exposición, de conformidade co Real decreto 243/1995 de febreiro de 1995 polo que se ditan normas para a xestión do Imposto sobre Actividades Económicas e se regula a delegación de competencias en materia de xestión censal do dito imposto.