Xabier Alonso di que traer o amigable España-Cuba "é un premio ao baloncesto feminino da cidade"
A selección española senior de baloncesto feminino xogará este sábado, ás 20.00 horas, no pavillón central das Travesas fronte a Cuba en partido amigable de preparación para o Campionato de Europa, que se xogará do 7 ao 20 do vindeiro xuño en Riga (Letonia). A Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes patrocinan o encontro, con entrada gratuíta e que serve tamén ao Concello para recoñecer 40 anos do Celta no baloncesto nacional.<br />
Na rolda de prensa de presentación do amigable internacional na Fundación VIDE, o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, lembrou que este partido "é un premio ao baloncesto feminino da cidade no 40 aniversario do Celta", e asegurou que unha das súas satisfaccións é que "o baloncesto nos ensinou a moitos que o deporte feminino pode ter un alto nivel competitivo e moita calidade". O edil nacionalista tamén anunciou que aproveitando a chegada da selección española, se está a negociar coa Federación Española de Baloncesto a presenza das escolas deportivas municipais de baloncesto nun acto coas xogadoras internacionais, "para que compartan un momento de experiencia coa selección e teñan unha referencia do baloncesto de alto nivel", dixo.
Carlos Álvarez, vicepresidente do Celta Indepo, incidiu na satisfacción do club con que na selección "haxa unha importante representación da entidade", e amosou o seu convencemento de que "Vigo ten que ser referencia en Galicia do baloncesto feminino". Ademais, anunciou que este é o primeiro acto do 40 aniversario, que terán continuidade "con algún outro evento en setembro". O 6 de setembro de 1969, os presidentes do Real Club Celta e do Estudiantes acordaban que a entidade futbolística absorbese os equipos masculino e feminino do club de baloncesto.
Alberto Zato, vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto, dixo que "non é nada doado que a selección absoluta veña a Vigo polos moitos requirimentos que sempre hai que cumprir", polo que valorou o esforzo do Concello, patrocinador do partido.
Descargar todas as imaxes