Escoitar

Concerto-homenaxe a José Afonso no Verbum

O Verbum organiza o xoves, día 28 ás 20 horas, un concerto homenaxe ao cantautor José Afonso a cargo do grupo Couple Coffee (Luanda Cozetti, voz e percusión e Norton Daiello, baixo eléctrico),<br /> para rematar coas actividades complementarias á exposición de José Afonso no Verbum. A entradaé gratuíta ata completar aforamento.

mércores, 27 mai 2009
1243428721carteljoseafonso.jpg
COM AS TAMANQUINHAS DO ZECA, repertorio en que se fai homenaxe a José Afonso sobre o seu
CD: "Com as tamanquinhas do Zeca", gravado en 2007 e onde se enfatiza aínda máis a universalidade
do xenial Zeca Afonso. Rexistro que contou coa participación de Ruca Rebordão (Rao Kyao, Teresa
Salgueiro) nas percusións e Sérgio Zurawski na guitarra eléctrica, e que está centrado na obra do
cantautor portugués José Afonso.

COUPLE COFFEE son dous músicos brasileiros que crearon unha orixinal forma de abordar grandes temas
da Música Popular Brasileira e Portuguesa. Esta formación minimalista conta coa experiencia, técnica e creatividade de Norton Daiello no baixo eléctrico, que sustenta a voz carismática de Luanda Cozzetti, realzando a xenuidade da súa interpretación.

DISCOGRAFIA: "PURO" é o álbum estrela que veu a luz en 2005, e que contou coa participación de J.P.
Simões e Sérgio Costa (Quinteto Tati), Vitorino, Jorge Palma e Gabriel Gomes (Madredeus). A primeira
edición esgotouse en menos dun ano. Un repertorio que nos achega aos grandes clásicos da música
brasileira, con especial énfase nas obras de Noel Rosa e Tom Jobim. En abril de 2007 a banda editou o seu segundo traballo.

COUPLE COFFEE BAND, gravado en 2008 é o terceiro traballo dedicado aos pioneiros e mestres da
bossa nova como Jobim, Vinicius, Carlos Lyra, Bonfá e tamén Baden Powell ou a propia Luanda Cozetti.
As novas cancións integrarán o aliñamento dos concertos da parella, concepto innovador deste dúo de
baixo e voz que, coa súa complicidade e dinámica, crea ambientes únicos nos seus espectáculos.
Descargar todas as imaxes