Escoitar

O alcalde e o presidente da CEP teñen a "sensación compartida" de que Vigo debe ter todas as delegacións da Xunta

Abel Caballero mantivo un encontro este mércores con Fernández Alvariño no que coincidiron en reclamar que Vigo precisa contar cos servizos de todas as consellerías da Xunta de Galicia. O alcalde adiantou máis contactos coas forzas sociais da cidade, e adiantou que entregará a Núñez Feijóo a Carta de Cidade que elaborou, que inclúe esta reivindicación. <br />

mércores, 27 mai 2009
1243429055alvarino.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, José Manuel Fernández Alvariño, concidiron hoxe mércores en reclamar os servizos de todas as consellerías da Xunta de Galicia en Vigo.

Segundo manifestou o rexedor vigués, Abel Caballero e Fernández Alvariño teñen a "sensación compartida" de que Vigo debe contar con todos os servizos autonómicos, e nesta liña o alcalde indicou que continuará cos contactos cos forzais vivas da cidade para pulsar as opinións ao respecto.

Abel Caballero adiantou asemade que ten a vontade de facer entrega ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, da Carta de Cidade no seu ámbito autonómico, pois, entre outras cuestións, inclúe a reivindicación da cidade olívica de contar con todas as delegacións das consellerías en Vigo.
Descargar todas as imaxes