Escoitar

O Concello e Medioambiente acordan acelerar o proxecto do novo Samil, que podería iniciarse en dous anos

O alcalde, Abel Caballero, e a delegada da Dirección Xeral de Costas do Ministerio, Cristina de Paz Curbera, ordearon hoxe xoves "toda a actuación de Costas na cidade", e acordaron traballar conxuntamente para acelerar o proxecto de Samil, con máis areal, máis paseo e máis dotacións de ocio. Para iso, retrasarase a estrada e deseñarase un novo acceso rodado.

xoves, 28 mai 2009
1243514293costas.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entrevistouse hoxe xoves coa delegada provincial da Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medioambiente, Cristina de Paz Curbera, onde ordearon "toda a actuación de Costas na cidade", comezando polo novo proxecto de Samil, que podería estar redactado nun ano e en obras en dous anos aproximadamente, segundo estimou o rexedor.

O novo "proxecto global" licitouse a pasada semana e ampliará o tamaño do paseo actual, haberá máis espazo para as dotacións de ocio -piscinas, instalacións deportivas, etc- e gañarase areal na praia. Para acadalo, o Plan Xeral contempla a nova estructuración viaria do entorno, co "retranqueo" da Avenida e un novo acceso rodado.

A Dirección Xeral de Costas e o departamento de Urbanismo do Concello traballarán conxuntamente, segundo explicou o rexedor, para elaborar a "reordenación global" do espazo.

Paseo de Alcabre
O alcalde explicou asemade solicitará hoxe xoves á ministra de Medioambiente, Elena Espinosa, a axilización do paseo marítimo de Alcabre, que podería iniciarse nun prazo estimado de dous anos.

Abel Caballero pedirá que se elabore o proxecto costeiro que unirá o paseo de Bouzas ata Samil, e adiantou que tamén reclamará que se axilice o traxecto peonil desde a Xunqueira do Lagares ata o areal do Vao.

A Guía
O rexedor local e a delegada de Costas revisaron o estado do paseo de A Guía, xa en obras, e que continuará "a toda velocidade" en 15 días, unha vez resolta a reordenación da ladeira do monte.

O alcalde adiantou que melloraranse as beirarrúas de acceso ao faro e reforestar o monte con especies autóctonas, como carballos e castiñeiros. Recuperarase tamén o mirador, parcialmente tapado pola altura dos eucaliptos que poblan na actualidade o monte.

Xunqueira do Lagares
Abel Caballero e Cristina de Paz acordaron tamén acelerar o procedemento de contratación do novo paseo de madera da Xunqueira do Lagares, para alongalo de tal xeito que poida bordearse a desembocadura do río.
Descargar todas as imaxes