Concello, Universidade e Caixanova amplían o horario das bibliotecas para respostar ás necesidades dos estudantes
A Biblioteca Municipal Central, a Biblioteca Central da Universidade e a Biblioteca Central de Caixanova ampliarán os seus horarios de cara aos exames de xuño co obxectivo de "dar resposta ás necesidades e demandas dos estudantes", segundo salientou este venres o concelleiro de Cultura, Xesus López.
Na presentación desta iniciativa, na que tamén participaron a vicerreitora de Extensión Universitaria, María Camen Cabezas, e a representante da Obra Social de Caixanova, María Pereira, o concelleiro nacionalista destacou que con esta medida "seguimos avanzando na coordinación" das bibliotecas da cidade.
A Biblioteca Central da Universidade de Vigo e a de Caixanova amplían os seus horarios dende mañá sábado, 30 de maio e ata o domingo 21 de xuño. A do campus de Lagoas-Marcosende abrirá de 9 a 22 horas os sábados e de 9 a 21 horas os domingos. Pola súa banda banda, a Biblioteca do Centro Cultural Caixanova abrirá sábados e domingos de 9 a 21 horas. A Biblioteca Central Municipal, ubicada na rúa Joaquín Yáñez, amplía o seu horario do 8 ao 19 de xuño e nos meses de xullo e agosto. Deste xeito, do 8 ao 19 de xuño estas instalacións municipais abrirán de luns a venres de 9 a 24 horas, os sábados de 10 a 14 e de 17 a 22 horas e os domingos de 10 a 14 horas. Asemade, nos meses de xullo e agosto a biblioteca permanecerá aberta de 9 a 14.30 e de 16 a 20 horas.
A vicerreitora de Extensión Universitaria, María Carme Cabezas, explicou que a proposta de ampliar os horarios das bibliotecas da cidade partiu da propia Universidade, "en particular dos estudantes e os seus representantes, que comunicaron a súa gran necesidade de contar con máis postos de estudo en especial nesta convocatoria de xuño", puntualizou. Neste sentido agradeceu á Concellería de Cultura, "pola ampliación do horario da Biblioteca Central", e a de Mobilidade, "polo reforzo do horario de autobuses durante as fines de semana para ir á Biblioteca do Campus". Vitrasa ampliará o horario da liña 8 Universidade-Porto-Areal, do 30 de maio ao 21 de xuño, axuntándose aos horarios de apertura e peche da biblioteca.
"Caixanova non podía ser allea a dar unha resposta pronta a esta demanda", salientou a representante da Obra Social Caixanova, María Pereira. Asemade, destacou a importancia da colaboración tanto co Concello de Vigo como coa Universidade e sinalou que a vocación de servizo de Caixanova queda reflectida na posta "a disposición da cidadanía das nosas dependencias".
A apertura das tres bibliotecas permitirá poñer a disposición do estudantado máis de 700 postos de lectura durante catro fins de semana consecutivos, nos que as bibliotecas permanecerán abertas, tanto os sábados como os domingos.