Raquel Díaz garante a cooperación municipal ás empresas de xardinería locais<br />
A concelleira de Parques e Xardíns recibiu a pasada semana a representantes da Asociación Galega de Empresas de Xardinería, AGAEXAR, para procurar fórmulas de cooperación entre as partes e comunicar a intención do Concello de axardinar e recuperar zonas verdes na cidade, para o que contará coas empresas locais do sector.
A concelleira de Parques e Xardíns, Raquel Díaz, entrevistouse a pasada semana con representantes da Asociación Galega de Empresas de Xardinería (AGAEXAR), para compartir os proxectos municipais relativos ao sector e percibir as inquedanzas das compañías de xardinería locais.
Raquel Díaz indicoulles que o goberno local está a axardinar novas zonas verdes e recuperar antigas na cidade, ofreceu a súa cooperación á Asociación e asegurou que contará en primeiro lugar coas empresas locais do sector.
AGAEXAR solicitou á concelleira o apoio da administración local á xardinería para favorecer o desenvolvemento das empresas e garantir os niveis de emprego.
Descargar todas as imaxes