Escoitar

Nova edición do ciclo de novos intérpretes Xeración 2000+9

O concelleiro de Cultura, Xesus Lopez, e Roberto Relova, director artístico de Vigo Cultura, presentaron hoxe a novena edición do programa do ciclo de novos intérpretes Xeración 2000+9 que terá lugar do 9 ao 14 de xuño no Verbum-Casa das Palabras, con entrada libre até completar<br /> aforamento.

martes, 2 xuñ 2009
1243941087P6020092.JPG
Esta iniciativa ten por obxectivo , segundo informou o concelleiro de Cultura, potenciar xoves valores da música en tódos os ámbitos, sexan músicos ou compositores, o importante é conseguir que sexan recoñecidos e que incluso en futuras edicións acudan como músicos xa de renome. Estes novos talentos convínanse cunha faceta internacional, xa que ó evento acuden músicos consagrados.

Neste ámbito destacan o cuarteto de Folk Chupacabras, un grupo galego con varios premios ás suas costas, e a actuación estrela de Jeb Barhal, un dos mellores concertistas de piano que conta con máis 25 anos de experiencia.

Todos os eventos, que terán lugar no Verbum, do 9 ó 14 de xuño, serán gratuitos e de entrada libre. Os interesados poden consultar o programa adxunto.
Descargar todas as imaxes

Máis información