Os nenos de Vigo doan auga con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente
Os escolares do CEIP Lope de Vega doan simbolicamente o seu peso en auga para a campaña "Todos somos auga" de aqualia Vigo.A empresa concesionaria da xestión integral da auga en Vigo, pon en marcha unha campaña de doazón de auga entre os máis pequenos para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra hoxe venres 5 de xuño. O obxectivo da campaña é concienciar á sociedade, e en especial aos nenos, da necesidade dun consumo responsable da auga.
A campaña "Todos somos auga" organizada por aqualia deu comezo no CEIP Lope de Vega por ser un dos centros escolares de Vigo que conta cun consumo de auga máis responsable. Durante 2008 reduciu nun 19% o consumo de auga con respecto ao ano anterior.
Máis de 150 nenos pesáronse e doaron simbolicamente o seu peso en auga e deixaron constancia deste acto a través das súas firmas no muro das doazóns. Esta acción repetirase mañá sábado 6 de xuño a partir das 11.00 horas no paseo peatonal do Calvario e ata as 14.00 horas. Todos os rapaces que pasen polo punto de doazón de "Todos somos auga" poderán doar o seu peso en auga.
Con esta iniciativa, aqualia desenvolve unha actividade responsable co medio ambiente que ten como obxectivo demostrar que cunha pequena aportación de cada un se pode xestionar de xeito responsable o consumo de auga.
No acto estiveron presentes o Alcalde de Vigo, Abel Caballero e a concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelarias. Por aqualia estivo presente José Luis Ibáñez, Director Territorial.
A maior infraestrutura de Galicia
aqualia é a empresa concesionaria da xestión integral da auga en Vigo desde 1991. En Vigo, aqualia conta cunha rede de distribución de 1.027 Km. e abastece a máis de 300.000 habitantes, o que a converte na maior infraestrutura de Galicia. Na cidade de Vigo, aqualia conta con empregados altamente cualificados nas diversas áreas para ofrecer a xestión integral do servizo público de auga.
aqualia é a 5ª compañía de xestión de auga do mundo. Actualmente atende a 26 millóns de habitantes en máis de 1.100 municipios. En España está presente en máis de 800 municipios, con Delegacións Territoriais en Madrid, Sevilla, Barcelona, Vigo, Oviedo, Bilbao, Badajoz, Lérida, Palma de Mallorca, Salamanca, Puerto de la Cruz, Toledo e Murcia. En 2007, foi elixida Mellor Compañía de Xestión de Auga do ano en todo o mundo pola prestixiosa publicación internacional Global Water Intelligence, un recoñecemento que premia a súa evolución nos últimos anos e a súa traxectoria internacional. No exterior, conta con oficinas en Argelia, Dubai, Portugal, Méjico, Italia e República Checa.