1.500 xoves da eurorrexión participan dende o 3 de xullo en Matosinhos, nos Xogos do Eixo Atlántico

Na IX edición dos Xogos do Eixo Atlántico, que se celebran en Matosinhos, do 3 ao 8 de xullo, están inscritos máis de 1.500 deportistas, con idades ate os 16 anos, o que supón reforzar a visibilidade da cidade e un impulso económico á hostalería e a restauración, especialmente castigados pola introdución das peaxes nas autovías do Norte.<br />

martes, 21 xuñ 2011
A última edición dos Xogos do Eixo Atlántico, celebrada na Coruña en 2009, supuxo un revulsivo para estes sectores cuxos representantes recoñeceron publicamente que "os Xogos salváranlles a tempada".

Os Xogos do Eixo Atlántico de Matosinhos serán inaugurados oficialmente o próximo día 3 de xullo, nun acto presidido polo alcalde de Matosinhos e que contará ca presenza de alcaldes e edís dos concellos que participan. Na sesión inaugural farase entrega do Trofeo ao Xogo Limpo" Nelson Cardoso" correspondente a pasada edición, que gañou a cidade de Monforte de Lemos.

Tamén co deporte discapacitado
Nesta edición dos Xogos tamén estará representado o deporte discapacitado, ca presenza de 80 deportistas masculinos e femininos con discapacidades, e que competirán na modalidade de atletismo.

O 1500 xoves que participan o farán en sete disciplinas:
Futbol 7 (masculino)
Baloncesco (masculino e feminino)
Voley (feminino)
Atletisto (masculino e feminino)
Natación (masculino e feminino)
Balonman (masculino)
Voley praia (masculino e feminino)

Os Xogos do Eixo Atlántico constitúen, en termos de participación, o maior evento deportivo europeo, no ámbito do deporte de base, xunto os Xogos do Mediterráneo. Como referencia, mentres os Xogos do Eixo Atlantico moveron a 2000 deportistas na edición de 2009, e 1500 na presente edición, ano especialmente difícil pola situación de crise que afecta aos concellos, a Universiada, movilizou en torno aos 900 deportistas universitarios.


A delegación portuguesa mais numerosa que participa nos Xogos do Eixo Atlántico é a de Vila Nova de Gaia, con 132 participantes e a de Matosinhos con 129. De Galicia, os concellos que aportan mais deportistas son os de A Coruña (111 participantes), Pontevedra (101) e Ourense (100).

As cidades que participan nesta edición dos Xogos do Eixo Atlántico son:

Barcelos, Bragança, Carballo
Chaves, A Coruña, Vila Nova de Famalicão
Vila Nova de Gaia, Guimarães, Lalin
Lugo, Matosinhos, Macedo de Cavaleiros
Monforte de Lemos, O Barco de Valdeorras, Ourense
Penafiel, Peso da Régua, Pontevedra
Santiago de Compostela, Sarria, Viana do Castelo
Vigo, Vilagarcia de Arousa, Vila Real